top of page

PREVIA X13 XUVENIL DIVISIÓN DE HONOR FS | Noia Portus Apostoli FS – ADC Lugo Sala Acasti Reformas | Un punto para a historia


Venres, 20/12/2024 · 16:55h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Cun empate bastaralles este sábado 21 ás 18:00h aos de Daniel Ventoso para certificar a súa clasificación á Copa de España.


O Xuvenil de División de Honra cítase coa historia este sábado 21 ás 18:00h. Aos nosos sírvelles cun punto, na visita ao Mourís do ADC Lugo Sala Acasti Reformas, para confirmar matematicamente a súa presenza na Copa de España 2025.


A vitoria en Ferrol, xunto á derrota do 5 Coruña en Salamanca, deixou aos brancos con máis de pé e medio na cita máis emocionante de toda a temporada. Aínda que, mellor dito, os de Daniel Ventoso gañáronso co seu gran traballo nas anteriores doce xornadas, nas que só viron escaparse tres puntos, e que lles permiten ser líderes do Grupo I da categoría con 9 unidades de vantaxe sobre os seus máximos perseguidores.


Intentará romper a festa o ADC Lugo Sala Acasti Reformas, cuxos resultados nos últimos cinco partidos o sitúan como un dos tres equipos máis en forma do campionato. Os lucenses son 9º con 17 puntos, dos cales 12 os lograron neste tramo que lle fixo sacar a cabeza da zona baixa da táboa.


Os números din que sí fai falta un punto para meterse na Copa de España, pero o Xuvenil DH noiés buscará os tres, como fai cada fin de semana. Por ambición, por esforzo, por ganas de gañar e, tamén, porque queren que este primeiro soño que está a piques de converterse en realidade non sexa o único en cumprirse de aquí a maio.


 

Precedentes

Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.

Comments


bottom of page