top of page

PREVIA X13 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Exlabesa Leis Pontevedra FS - Noia Portus Apostoli FS | A dar un paso máis

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Jan 16
  • 1 min read
Venres, 16/01/2026 · 15:39h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses, a por outro triunfo (dom. 18/01, 12:30h) que os achegue ao soño copeiro.
Venres, 16/01/2026 · 15:39h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os noieses, a por outro triunfo (dom. 18/01, 12:30h) que os achegue ao soño copeiro.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS visita este domingo 18 ás 12:30h ao Exlabesa Leis Pontevedra FS no Pavillón Monte Carrasco (Marcón), en choque da 13ª xornada dunha Xuvenil División de Honra FS en plena recta final de primeira volta.


9 puntos quedan por disputarse antes de coñecer ao equipo del Grupo 1 que participará na Copa de España Xuvenil FS. Ata o momento, os de Pablo Cardoso ostentan ese liderado, e fano desde a xornada 4, aínda que con tan só 1 punto de diferenza, o que obriga aos brancos a non fallar para achegarse ao torneo.


Ante un rival que se deu ben


Esta antepenúltima data da primeira metade ligueira leva aos noieses a visitar a un dos conxuntos que ocupa a zona baixa da táboa. O Exlabesa Leis Pontevedra FS é 12º con 15 puntos, cunha cómoda vantaxe sobre o descenso, froito de dúas vitorias seguidas antes do cambio de ano, pero lonxe do vagón dianteiro. Nos dous precedentes entre noieses e pontevedreses, dúas goleadas para os nosos, que intentarán repetir triunfo noutra data clave polo soño copeiro.



Precedentes

·15 de setembro de 2024 | X1 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | LEI 1-9 NPA


·30 de marzo de 2025 | X16 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 12-0 LEI

Comments


bottom of page