top of page

PREVIA X12 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | O Parrulo Ferrol FS - Noia Portus Apostoli FS | Duelo capital polo soño


Venres, 13/12/2024 · 16:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Terceiro e líder enfróntanse este sábado 14 ás 17:00h a catro partidos de finalizar a primeira volta coa praza en Copa de España como obxecto de desexo.


Moitos ollos da Xuvenil División de Honra FS estarán postos este sábado 14 ás 17:00h no Municipal A Malata de Ferrol. Son día, hora e lugar do compromiso que enfrontará ao Noia Portus Apostoli FS, líder da categoría, co O Parrulo Ferrol FS, terceiro na táboa, nun cara a cara que se antolla moi importante para definir quen acudirá á Copa de España.


6 puntos separan a ambos conxuntos na clasificación, co 5 Coruña FS de por medio coas mesmas 24 unidades que os departamentais. Con 12 por disputarse nesta primeira volta, unha vitoria ou un empate dos noieses achegaría moito aos de Daniel Ventoso a lograr un histórico billete copeiro.


Moi fácil dicilo, pero seguro que non o será tanto facelo na pista dun dos dous equipos que aguantou o ritmo espectacular dos brancos ata a data. Só tres puntos se lles escaparon aos parrulos no seu feudo, onde xa fixeron claudicar ao 5 Coruña e a partir do que cimentaron a súa gran posición na táboa.


Catro partidos para pechar a primeira volta e dous para despedir o ano, pero este está marcado en vermello. O que saia deste enfrontamento directo dirá se os brancos retroceden un pouco ou meten máis o pé na cita sinalada de metade de curso.


 

Precedentes

Primeiro partido entre ambos equipos.

Comments


bottom of page