top of page

PREVIA X12 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Noia Portus Apostoli FS – Sibuscascoche Ribeira FS | Duro exame para empezar 2026

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 2 days ago
  • 2 min read
Venres, 09/01/2026 · 17:17h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso comezan o ano recibindo (dom. 11/01, 12:30h. TV: gs360play.com) ao equipo que chegou ao parón de Nadal en mellor forma.
Venres, 09/01/2026 · 17:17h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Pablo Cardoso comezan o ano recibindo (dom. 11/01, 12:30h. TV: gs360play.com) ao equipo que chegou ao parón de Nadal en mellor forma.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS abre o 2026 encarando a recta final da primeira volta. Xornada 12 e moita tea por cortar, empezando pola visita da sensación Sibuscascoche Ribeira FS este domingo 11 ás 12:30h.


O conxunto noiés reengancha a competición desde o liderado, ese que dá o acceso á vindeira Copa de España Xuvenil FS ao remate da xornada 15, pero con tan só 1 punto de renda sobre o 2º e 3 con 3º e 4º. Postos nesta situación, non hai opción a fallar para os de Pablo Cardoso se queren repetir a fazaña lograda o curso pasado e plantarse entre os mellores de España.


Un rival na nube


Con tres puntos e tras encaixar un 5-0 e un 0-6 chegaba o Sibuscascoche Ribeira FS á sexta xornada. Desde entonces, seis vitorias consecutivas -entre elas ante opoñentes de gran nivel como CD Inter Sala Adarsa Mercedes, O Parrulo ou Trepalio- que pasaron de posicionalos na loita pola permanencia a trepar aos postos nobles con 21 puntos en total. Os lucenses pretenden seguir facéndose un oco entre os mellores a costa do líder.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo e gratis, previo rexistro, a través de gs360play.com.


Precedentes

·12 de outubro de 2024 | X5 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | RIB 1-4 NPA


·23 de febreiro de 2025 | X20 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 2-2 RIB

bottom of page