Venres, 29/11/2024 · 16:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O equipo de Daniel Ventoso regresa á competición tras a semana de parón este sábado 30 ás 19:45h.
O Xuvenil de División de Honra volve á competición este sábado 30 ás 19:45h contra o CD InterSala Adarsa Mercedes, despois do parón pola fase previa do Campionato de España de Seleccións Autonómicas, e coas ganas de reiniciar a tarefa onde a deixou: con outra vitoria que lle achegue ao soño.
Con 7 triunfos seguidos alcanzaron o receso os de Daniel Ventoso, líderes con 6 puntos de vantaxe sobre o 5 Coruña FS e O Parrulo Ferrol FS a falta de 15 por disputarse nesta primeira volta, da que, á súa conclusión, o mellor equipo acudirá á Copa de España. Chegados a este punto, os brancos gañaronse o dereito a ilusionarse coa proeza, na que, lembremos, é a súa temporada de regreso a División de Honra.
Xusto detrás dos inmediatos perseguidores dos noieses está o CD InterSala Adarse Mercedes, rival do sábado. 19 puntos suman os salmantinos, un equipo voluntarioso que destaca tamén por ser o máis goleador da categoría, con 58 dianas a favor. Apurar opcións de loitar pola Copa e recuperar o terreo perdido polas dúas derrotas nas xornadas 8 e 9 será o obxectivo do InterSala en feudo branco.
Cinco partidos, quince puntos e a oportunidade de facer historia en xogo. Pero o Xuvenil noiés non mira máis alá deste sábado, de seguir construíndo pasiño a pasiño, como fixo ata agora, unha fortaleza no máis alto da clasificación.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.
Comments