PREVIA X11 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | 5 Coruña FS - Noia Portus Apostoli FS | Última proba do ano para o líder
- Departamento prensa Noia PA FS
- 1 minute ago
- 1 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS saltará por última vez á pista neste 2025 o sábado 20 ás 16:00h, visitando no Municipal Novo Mesoiro ao 5 Coruña FS pola xornada 11 ligueira.
Os noieses queren poñerle o broche perfecto que merece a un ano histórico. Participación por primeira vez en Copa de España FS e Campionato de España Sub-19 de Clubes e campións do Grupo 1 son os grandes logros dos brancos neste 2025 que queda atrás. Que o 2026 se lle asemelle un pouco pasa por seguir sumando tres puntos como os que se poñen en xogo esta fin de semana. Estes, en concreto, aseguraríanlles pasar as festas de Nadal e tomarse as uvas como líderes da clasificación.
Os coruñeses queren engancharse á zona alta
Para pechar o ano, ao Xuvenil DH tócalle visitar ao que fora o seu máis duro rival o curso pasado. O 5 Coruña FS alcanza esta data nunha gran xeira, con tres vitorias consecutivas, en 5º lugar con 19 puntos, a 8 dos nosos. Os da cidade herculina teñen ante si a opción de asomarse e apretar a parte noble da clasificación.
Precedentes
·6 de outubro de 2024 | X4 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 3-2 5CO
·15 de febreiro de 2025 | X19 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | 5CO 4-3 NPA







