Venres, 22/11/2024 · 17:25h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O Filial noiés visitará ao conxunto asturiano, outro rival directo, este domingo 24 ás 12:00h no Polideportivo Sur Mieres.
O Noia Portus Apostoli FS “B” busca alargar o seu bo momento co que sería a terceira vitoria consecutiva nesta xornada 11, na que volverá a desprazarse. Esta vez, para visitar ao Racing de Mieres FS asturiano o domingo 24 ás 12:00h no Polideportivo Sur Mieres.
Os triunfos fronte a ADAMO Xove FS e Sibuscascoche Ribeira FS subiron a moral e melloraron a situación clasificatoria do Filial, 7º con 14 puntos. A cinco partidos de finalizar a primeira volta e o ano 2024, a meta dos de Guille Murillo é seguir nese ritmo positivo, tirando cara unha máis tranquila zona media-alta da táboa.
Ao igual que a pasada fin de semana, os filialistas presentaranse na cancha dun conxunto necesitado de puntos, como é o Racing de Mieres FS. Só dous empates fixeron sumar ata o momento aos asturianos, pechacancelas pola diferenza de goles. O obxectivo dos mierenses é claramente o de reaccionar canto antes, e que mellor que na casa.
A fochanca do Filial xa está máis que superada, pero o continuar por un camiño chan e sen sobresaltos pasa por no fallar en citas como esta e seguir engordando o casilleiro de puntos coa maior celeridade posible.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento histórico entre ambos equipos.
Comments