top of page

PREVIA X11 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | FS Salamanca - Noia Portus Apostoli FS “B” | Novo choque clave na zona alta

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 6 days ago
  • 1 min read
Venres, 21/11/2025 · 17:43h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos viaxan a terras charras (sáb. 22/11, 17:00h. TV: tiivii.gal) coa opción e a ambición de consolidarse na segunda praza.
Venres, 21/11/2025 · 17:43h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os brancos viaxan a terras charras (sáb. 22/11, 17:00h. TV: tiivii.gal) coa opción e a ambición de consolidarse na segunda praza.

O Filial noiés desprázase, por segunda semana consecutiva. E, outra vez, faino cun duelo de moita relevancia na parte noble da clasificación, visitando ao FS Salamanca este sábado 22 ás 17:00h no Pavillón La Alamedilla.


O Portus Apostoli “B” chega a esta 11ª xornada coa moral polas nubes, después de asestar un novo golpe na mesa co triunfo en Benavente. O terceiro consecutivo, que lles permitiu colocarse nunha inesperada e espectacular segunda posición que, agora lograda, intentarán asentar nas seguintes citas.


O FS Salamanca, en busca dun empuxón


Un dos aspirantes a arrebatárllela e alcanzar maiores cotas é o seu rival deste sábado. O FS Salamanca conta cun dos mellores planteis do campionato, pero o seu inicio de curso está a ser irregular e sitúase 6º con 17 unidades, a 5 dos noieses. Así, os charros apelan ao seu poderío como locais -só cederon dous puntos na casa ata o momento- para alzar o voo.



Emisión en directo

O partido poderase seguir en directo, gratis e previo rexistro a través de tiivii.gal.


Árbitros

Adrián Rodríguez Fernández e Jorge Petite Fernández, do comité castelán-leonés.


Precedentes

·6 de decembro de 2024 | X13 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | SAL 4-3 NPA “B”


·13 de abril de 2025 | X28 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 0-6 SAL

Comments


bottom of page