PREVIA X10 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | Valladolid Sport Sala - Noia Portus Apostoli FS | Exame en Pucela
- Departamento prensa Noia PA FS
- Nov 15, 2024
- 2 min read

Venres, 15/11/2024 · 17:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O equipo de Daniel Ventoso afronta unha proba de fogo este domingo 17 ás 12:45h no pabellón valisoletano Victorine Le Dieu.
Aproxímase o terzo final de primeira volta da Xuvenil División de Honra FS, e divisando o soño da Copa de España, ao conxunto noiés tócalle seguir puxando ao máximo semana tras semana desde o coliderado. Nesta ocasión, os brancos visitarán ao Valladolid Sport Sala este domingo 17 ás 12:45h na 10ª xornada ligueira.
Son 6 vitorias consecutivas e 8 en 9 partidos as que manteñen aos de Daniel Ventoso nesa privilexiada batalla polo posto que dá billete a unha das citas sinaladas do calendario. Un cara a cara co 5 Coruña FS, ambos igualados a 24 puntos, que esta xornada alcanza un momento importante e curioso. E é que os dous equipos visitarán aos máis inmediatos perseguidores, O Parrulo Ferrol FS e Valladolid Sport Sala, que comparten a cifra de 18 puntos.
O Portus Apostoli veranse cos pucelanos, que apuran as súas opcións de meterse na terna. A excepción dunha derrota co, precisamente, 5 Coruña FS, os seus resultados demostran que como locais sacan a súa mellor versión, e difícil ter maior motivación para agarrarse ao que pode ser o último tren para ingresar na discusión.
Alertados de todo iso están os noieses, que aínda teñen presente o ejemplo de Salamanca, único borrón dun historial practicamente perfecto no que buscarán debuxar un novo e relevante tic verde na dura proba do Victorine Le Dieu, coa vista de esguello en Ferrol.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento histórico entre ambos equipos.
コメント