top of page

PREVIA X10 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS | Caja Rural Atl. Benavente FS - Noia Portus Apostoli FS “B” | Cara a cara polo terceiro posto

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 14
  • 1 min read
Venres, 14/11/2025 · 18:42h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Só un punto separa a noieses e benaventanos, que se verán as caras (sáb. 14/11, 19:00h) coa terceira praza en xogo.
Venres, 14/11/2025 · 18:42h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Só un punto separa a noieses e benaventanos, que se verán as caras (sáb. 14/11, 19:00h) coa terceira praza en xogo.

O Noia Portus Apostoli FS “B” visita este sábado 14 ás 19:00h ao Caja Rural Atlético Benavente FS no Pavillón La Rosaleda pola 10ª xornada ligueira da Segunda División “B” FS, nun duelo que a clasificación actual establece como directo.


Os noieses alargaron a pasada semana a súa espectacular apertura de campionato. 19 puntos en 9 encontros e unha 3ª posición fantástica para un equipo tan mozo entre varios con aspiracións de ascenso. Co tramo final da primeira volta próximo, os rapaces de Chipi pretenden continuar dando que falar, e este sábado teñen unha oportunidade de ouro.


O cadro benaventano quere volver a Segunda


E é que o rival dos brancos é un deses favoritos ás zonas de PlayOff e campionato do Grupo 1. O Caja Rural Atlético Benavente FS é 4º con 18 unidades, 1 por debaixo dos noieses, e precisa sumar de tres en tres para non perder comba co podio ligueiro. Todo coa meta de loitar por devolver a Benavente á Segunda División FS, na que estivo entre as campañas 20/21 e 22/23.



Árbitros

Rubén Pascual e David Rodríguez, do comité castelán-leonés.


Precedentes

·27 de outubro de 2024 | X7 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA “B” 1-4 ATB


·22 de febreiro de 2025 | X22 Segunda División “B” FS – Grupo 1 2024/2025 | ATB 8-5 NPA “B”

Comments


bottom of page