PREVIA 1/8 DE FINAL COPA DO REI FS | Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS - Noia Portus Apostoli FS | En xogo volver aos cuartos
- Departamento prensa Noia PA FS

- 4 days ago
- 3 min read

A Copa do Rei FS volve a chamar á porta do Noia Portus Apostoli FS. Os de David Palmas afrontan a eliminatoria de oitavos de final este mércores 10 ás 20:30h na pista do Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS, conxunto da Segunda División FS.
A Capital da Costa do Sol será a primeira parada dunha semana de ‘excursión’ para o equipo noiés, que o sábado xoga en Alzira pola 14ª xornada ligueira e non regresará a casa ata o domingo. Polo momento, o vestiario branco céntrase tan só no duelo copeiro, onde teñen a posibilidade de colocar ao Portus Apostoli por segunda vez na súa historia nos cuartos de final da competición -la única foi na 22/23-.

Un aliciente de moita relevancia que servirá para igualar a tamén gran ilusión do rival, como equipo de inferior categoría xogando na casa. Ademais, cabe ter en conta a confianza que atesoura un ambicioso grupo en bo momento de forma, que hai escasos días fixo tremer a todo un Barça, para ter ben claro que os noieses poñerán todo o seu empeño por continuar facendo camiño na Copa do Rei FS.
Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS, un Segunda con feituras de Primeira
O curso pasado quedou a un paso do ascenso, e para este reforzouse con claras intencións de non deixalo escapar. O Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS aspira a igualar as cotas do outrora UMA Antequera, campión da Copa do Rei FS 21/22 do que aínda continúan o técnico ‘Tete’, o capitán Miguel, Alvarito e Davilillo. En verán uníronse nomes de categoría como Pablo Ordóñez, Fernando ou Rafa López para subir aínda máis o nivel dun conxunto que aúna esa experiencia no máis alto coa xuventude dos Pabli, Guti ou Álvaro Mellado. Os malagueños, que na división de prata ocupan o 2º posto con 24 puntos tras 11 partidos, chegaron a estes oitavos copeiros tras desfacerse do CD Tenerife Iberia Toscal (0-6) e do outro galego de Primeira, O Parrulo Ferrol FS (2-0).
Declaracións previas
O desprazamento
A expedición noiesa montouse no bus o luns pola tarde. Á súa chegada a terras andaluzas, completaron o último adestramento previo ao duelo en San Pedro de Alcántara.
Emisión en directo
O duelo contará coa emisión en directo e gratis a través da canle de YouTube da RFEF, este mércores 10 a partir das 20:30h.
Árbitros
Carlos Panadero Díaz-Concha e Héctor Mayo López, do comité madrileño. Balance con esta parella de dúas vitorias, cinco empates e tres derrotas.
Precedentes (balance oficial: 2V-2E-3D)
·2 de decembro de 2017 | X12 Segunda División FS 2017/2018 | NPA 0-8 MCR
·7 de abril de 2018 | X27 Segunda División FS 2017/2018 | MCR 5-0 NPA
·6 de decembro de 2019 | X13 Segunda División FS 2019/2020 | MCR 4-2 NPA
·23 de outubro de 2021 | X8 Segunda División FS 2021/2022 | MCR 1-7 NPA
·26 de febreiro de 2022 | X25 Segunda División FS 2021/2022 | NPA 5-2 MCR
·29 de outubro de 2022 | X6 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 4-4 MCR
·25 de febreiro de 2023 | X21 Primeira División FS 2022/2023 | MCR 2-2 NPA











Comments