top of page

PREVIA 1/8 DE FINAL CAMPIONATO DE ESPAÑA SUB-19 DE CLUBES | Noia Portus Apostoli FS – Málaga Ciudad Redonda FS | A un paso da fase final

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • May 30
  • 2 min read

Venres, 30/05/2025 · 13:55h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso enfróntanse a outra cita histórica (sáb. 31/05, 19:15h) coa opción de meterse entre os oito mellores equipos de España na súa categoría.


O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS afronta un novo compromiso para a historia. Os brancos reciben no Agustín Mourís, este sábado 31 ás 19:15h, ao Málaga Ciudad Redonda FS. En xogo, un posto na fase final do Campionato de España Sub-19 de Clubes.


Os de Daniel Ventoso chegan a esta eliminatoria de oitavos de final a partido único co aval e a confianza que outorgan conquistar o título ligueiro, ademais do factor pista no duelo. A todo iso hai que sumar que os noieses remataron a temporada regular en boa forma, con tres triunfos seguidos nos que anotou 19 goles e só concedeu 2. E, falando de goles, co pichichi do Grupo 1 nas súas filas, o pivote Oliver Chenel, que encabezará a ofensiva branca.


Diante estará un gran equipo, como é o CD Málaga Ciudad Redonda FS. Os malagueños, campións da Copa de España Xuvenil FS en 2024, loitaron ata o final polo campionato do Grupo 5, quedando 2º a 1 punto do EOM Equipo Jurídico Jaén Paraíso Interior FS. Froito dunha segunda volta de moito mérito, con 13 vitorias e 2 derrotas como resultados, lograron arreglar unha primeira irregular e asinar presenza nestes oitavos de final. Poñerán pé en Noia inmersos nunha xeira de 7 triunfos consecutivos, polo tanto, tamén nunha dinámica positiva.


Todo preparado no Agustín Mourís para vivir un auténtico partidazo de fútbol sala base. Dos grandes do futuro, que cada vez é máis o presente. E dun Xuvenil DH noiés que segue empeñado en tintar as páxinas das súas aventuras con letras de ouro e ten unha oportunidade fabulosa para facelo, unha vez máis, acompañado da súa xente.




Declaracións previas

Árbitros

Juan Haedo Gago e Alejandro Jesús López Panizo, do comité castelán-leonés.


Precedentes

Será o primeiro enfrontamento histórico entre ambos equipos.

Comments


bottom of page