Oliver Chenel, o pistoleiro do Xuvenil DH noiés
- Departamento prensa Noia PA FS
- May 29
- 1 min read

Xoves, 29/05/2025 · 20:50h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Con 42 dianas logradas na Liga regular, o pivote aspira a seguir sendo a referencia goleadora branca para meterse na fase final do Campionato de España Sub-19 de Clubes.
O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS atópase ante outro soño. Este sábado 31 ás 19:15h no Municipal Agustín Mourís xóganse contra o Málaga Ciudad Redonda FS o pase á fase final do Campionato de España Sub-19 de Clubes. Para logralo, o equipo de Daniel Ventoso recorrerá, entre outros factores varios, aos goles de Oliver Chenel, o pichichi do Grupo 1.
O pivote foi o punta de lanza do extraordinario campión, un prolífico conxunto en ataque. Dos 157 tantos logrados en Liga polo cadro noiés, 42 levaron a sinatura de Oliver. Unha media de 1,5 goles por partido nos 28 encontros que disputou o xogador e xusto o dobre de goles que o seguinte máximo realizador noiés, Álvaro. Ademais, nun partido na Copa de España Xuvenil FS sumou un doblete máis á súa conta, ascendendo a 44 goles en 29 partidos oficiais xogados este curso.
Este sábado preséntaase unha nova cita histórica por diante para o Xuvenil DH noiés, coa opción de selar billete entre os oito mellores equipos de España na súa categoría. Seguramente os pequenos detalles decidan un partidazo entre dous grandes equipos, e o nome de Oliver Chenel ten moitas papeletas de figurar entre eles.
Comments