PREVIA 1/8 DE FINAL CAMP. DE ESPAÑA SUB-19 DE CLUBES | Noia Portus Apostoli FS – Aljucer ElPozo Murcia FS | Fagámolo de novo!
- Jun 5
- 2 min read

O Xuvenil DH volve a citarse coa historia este sábado 6 ás 19:00h. Os de Pablo Cardoso reciben ao Aljucer ElPozo Murcia FS no encontro a partido único de oitavos do Campionato de España Sub-19 de Clubes, cun billete á fase final de Madrid en xogo.
Con outro campionato ligueiro, o segundo seguido no Grupo 1 da máxima categoría, os noieses buscan, polo menos, repetir o feito o curso pasado, cando eliminaron ao Málaga Ciudad Redonda FS nesta fase previa. Naquela ocasión, os brancos tamén xogaron como locais, unha condición na que nesta 25/26 só deixaron escapar tres puntos. Sacar a relucir a súa fortaleza no Mourís, co apoio dunha afección que non fallará, será un factor clave para impoñerse nun partido que se prevé moi igualado. Tamén o bo momento que atravesan, con 8 triunfos consecutivos. E, por último pero non menos importante, a motivación dunha xeración espectacular, ás portas de pechar o seu ciclo, por presentarse noutra escena de gran calado.

Aljucer ElPozo, un perigoso segundo clasificado
O Portus Apostoli, como primeiro clasificado, verase as caras cun segundo. O sorteo realizado a pasada semana pola RFEF encadrou co do Grupo 7, todo un Aljucer ElPozo Murcia FS. Os charcuteiros finalizaron a súa Liga 2º con 74 puntos, a 7 dun Voladuras Carthago Jimbee Cartagena ao que, casualmente, se enfrontaron os noieses na pasada Copa de España Xuvenil FS. No seu historial, 23 vitorias, 5 empates e 2 derrotas, con 193 goles a favor e 61 en contra. No seu equipo, xogadores de moito nivel, como sempre se lle presume a unha institución do tamaño de ElPozo Murcia FS, dos que algún deles contan con minutos no Filial, que está na final do PlayOff polo ascenso a Segunda, e presenza no Primeiro Equipo.

Declaracións previas
Emisión en directo
O partido non será emitido en directo.
Árbitros
Adrián Rodríguez e David Hernández, do comité castelán-leonés.
Precedentes
Será o primeiro enfrontamento entre ambos equipos.





Comments