PREVIA 1/4 DE FINAL COPA DO REI FS | Noia Portus Apostoli FS – Viña Albali Valdepeñas | Cáceres pasa polo Mourís
- 6 hours ago
- 3 min read

O Municipal Agustín Mourís prepárase para vivir un partido inédito na súa historia. No seu feudo, coa súa xente, o Noia Portus Apostoli FS xogará este mércores 18 a partir das 21:00h ante o Viña Albali Valdepeñas os cuartos de final da Copa do Rei FS, ou, o que é o mesmo, a oportunidade de meterse na primeira Final Four de campionato nacional na súa historia.
Os de David Palmas alcanzan esta ilusionante cita co condicionante de acumular máis de 30 días sen competir. Unha situación provocada polos consecutivos aprazamentos dos partidos de Copa Galicia FS fronte ao Grupo FORMA-T Vilalba FS e de Liga do pasado sábado contra o Servigroup Peñíscola FS. Desta maneira, os brancos fiarán todas as súas sensacións ás últimas semanas de intensivo adestramento e preparación de cara a este tramo de calendario. Novamente, este choque podería supoñer as estreas de Gui Lima e Monteros.

Tafalla, Málaga e Noia, os tres puntos que se unen a Cáceres, sede da Final Four da Copa do Rei FS 2025/2026 e o destino final que equipo e afección do Noia Portus Apostoli FS ansían e soñan con alcanzar xuntos este mércores no que será, pase o que pase, outra noite para o recordo no Agustín Mourís.
Viña Albali Valdepeñas, última barreira
Para lograr a proeza, os noieses terán que superar ao Viña Albali Valdepeñas de Marlon Velasco e Lluc. O conxunto vinateiro plantouse nesta antepenúltima rolda copeira tras deixar no camiño a CD Sporting La Nucía (3-7) e Family Cash Alzira FS (4-0). En Liga, onde conseguiron a clasificación á Copa de España FS e veñen de gañar ao Jaén Paraíso Interior FS (3-0), ocupan a 7ª praza con 28 puntos. Coa meta de seguir mellorando unha gran temporada, no mercado invernal reforzáronse co porteiro Pato, os ás Ribeiro e Lautaro Yáñez e o pivote Nicolás. Un precedente de enfrontamento entre ambos cadros esta campaña, ademais no mesmo escenario, con triunfo noiés por 3-1.
Declaracións previas
Entradas
Á venda na páxina web noiafs.compralaentrada.com/eventos. Se quedan dispoñibles, poñeranse á venda na porta de acceso do Municipal Agustín Mourís o día do partido a partir das 19:30h. Lembramos que, ao ser un partido de Copa do Rei FS, NON entra dentro do abono, a excepción dos Sentimento. Consulta AQUÍ toda a información.
Emisión en directo
O duelo contará coa emisión en directo e en exclusiva a través da canle de YouTube da RFEF este mércores 18 a partir das 21:00h.
Árbitros
Alberto Sarabia Eguiluz, do comité andaluz, e Antonio Pablo Navarro Rodríguez-Villán, do comité catalán. Balance con esta parella de dúas derrotas en dous partidos.
Precedentes (balance oficial: 4V-1E-5D)
·7 de octubre de 2017 | X4 Segunda División FS 2017/2018 | NPA 1-4 VAV
·3 de febreiro de 2018 | X19 Segunda División FS 2017/2018 | VAV 3-2 NPA
·15 de decembro de 2020 | Oitavos de final Copa do Rei FS 2020/2021 | NPA 1-4 VAV
·23 de outubro de 2022 | X5 Primeira División FS 2022/2023 | VAV 3-4 NPA
·18 de febreiro de 2023 | X20 Primeira División FS 2022/2023 | NPA 8-2 VAV
·14 de outubro de 2023 | X5 Primeira División FS 2023/2024 | VAV 2-4 NPA
·24 de febreiro de 2024 | X20 Primeira División FS 2023/2024 | NPA 4-4 VAV
·7 de decembro de 2024 | X10 Primeira División FS 2024/2025 | NPA 0-1 VAV
·26 de abril de 2025 | X27 Primeira División FS 2024/2025 | VAV 4-1 NPA
·27 de setembro de 2025 | X4 Primeira División FS 2025/2026 | NPA 3-1 VAV











Comments