top of page

PREVIA 4ª ELIMINATORIA COPA DO REI FS | Vulcanizados Ruiz Tafa FS - Noia Portus Apostoli FS | Turno para a Copa

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 17
  • 2 min read
Luns, 17/11/2025 · 19:46h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro noiés debuta no torneo do KO en Tafalla (mar. 18/11, 20:00h. TV: YouTube Tafa FS).
Luns, 17/11/2025 · 19:46h · Imaxe: Foto Pichero | O cadro noiés debuta no torneo do KO en Tafalla (mar. 18/11, 20:00h. TV: YouTube Tafa FS).

O Noia Portus Apostoli FS ponse en ‘modo Copa do Rei FS’. Os brancos buscarán na pista do Vulcanizados Ruiz Tafa FS, conxunto da Segunda División FS, o billete aos oitavos de final o martes 18 ás 20:00h.


Semana de dobre compromiso e dobre desprazamento no horizonte do Portus Apostoli, que o pasado sábado logrou cortar unha xeira de tres xornadas sen sumar en Liga co empate ante Movistar Inter FS (2-2). No contexto dunha semana esixente no físico e co esforzo contra os interistas recente, David Palmas dará descanso a algúns dos seus xogadores, á vez que cita a tres efectivos do Filial: o porteiro Iván, o á Koeman e o pivote Oliver Chenel.


Oliver Chenel, unha das novidades desde o Filial | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS
Oliver Chenel, unha das novidades desde o Filial | Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Antes de afrontar o trascendental duelo da xornada 11 esta fin de semana na cancha do Industrias Santa Coloma, os noieses debutan na Copa do Rei FS coa ambición de facer un bo papel no torneo e a responsabilidade de superar a un rival de inferior categoría neste primeiro paso.


Contra a ilusión do Vulcanizados Ruiz Tafa FS


Estrea na división de plata e por primeira vez un equipo de Primeira División FS visitará o Polideportivo CIP Tafalla en partido oficial. O Vulcanizados Ruiz Tafa FS está vivindo un curso 2025/2026 histórico e a ilusión está polas nubes no bloque dirixido polo ex noiés Luisma, que conta no seu plantel con outros dous vellos coñecidos, o porteiro Juan Zardoya e o á Unai. Na competición ligueira, os navarros marchan 13º con 6 puntos, mentres que na Copa lograron o pase a esta ronda ao desfacerse do CMO Valves Lauburu Ibarra (4-5).



Declaracións previas


O desprazamento

A expedición branca montou no bus o mediodía do lunes, despois de exercitarse no Agustín Mourís. Horario previsto de chegada ao hotel de concentración en Pamplona sobre as 22:00h.


Emisión en directo

O duelo contará coa emisión en directo a través da canle de YouTube do Tafa FS, este martes 18 a partir das 20:00h.


Árbitros

Eder Gómez de Salazar Fernández, do comité vasco, e Fernando Faubell Zaldívar, do comité aragonés. Balance con Gómez de Salazar Fernández dunha vitoria e cinco derrotas; con Faubell Zaldívar, tres gañados e tres perdidos.


Precedentes

Será o primeiro enfrontamento histórico entre ambos equipos.

Comments


bottom of page