PREVIA COPA DE ESPAÑA XUVENIL FS | Ganas, ilusión e ambición: a Granada a por todas!
- 1 day ago
- 3 min read

O Noia Portus Apostoli FS na Copa de España Xuvenil FS, volume II. O Xuvenil DH noiés preséntase en Granada xa non como un novato, senon como un dos dous equipos que repite participación e con ganas de facer algo grande. Empezando polo duelo de cuartos de final, este venres 20 a partir das 10:00h fronte ao CD Valle del Ebro no Municipal de Albolote.
Por segundo ano seguido, os noieses gañáronse o dereito a xogar esta Copa ao proclamarse campións de inverno do Grupo 1, nunha axustada loita co CD Inter Sala Adarsa Mercedes ata a decisiva xornada 15. Os nosos alcanzan esta cita como líderes con 55 puntos e unha xeira de cinco triunfos consecutivos. Con 21 goles, Gabi é o máximo anotador dos brancos, seguido polos 18 de Oliver Chenel.
O adestrador Pablo Cardoso chamou a filas a un total de 17 xogadores, dos que escollerá 14 en convocatoria. A lista é a seguinte: #1 Gabi Díaz (p), #5 Jorge Santiago, #7 Iván León, #8 Danito, #9 Oliver Chenel, #10 César (c), #11 Álvaro, #13 Koeman, #17 Cepeda, #19 Xavi Souto, #20 Gabi, #21 Iago López, #22 André, #23 Cristian (p), #77 Bosco, #97 Miguel Romero e #98 Mosquera (p). De todos eles, 9 xa disputaron a competición o curso pasado. Un punto de experiencia clave para, primeiro, intentar superar o expediente de 2025, onde os penaltis os eliminaron a primeiras de cambio, e tirar de ganas, ilusión e ambición sen límites.
En cuartos agarda o CD Valle del Ebro
O rival dos brancos nos cuartos de final é o campión de inverno do Grupo 2, o CD Valle del Ebro. Por primeira vez, un equipo de Logroño disputará a Copa de España Xuvenil FS. A ela chegan, non obstante, en 4ª posición con 42 puntos, a 4 do liderado, caendo en dous dos tres últimos partidos. Héctor Palacios e Aitor Saseta, ambos con 21 dianas, son os máximos anotadores dun bloque voluntarioso que lle poñerá as cousas difíciles aos nosos.
Xunto a noieses e logroñeses, conforman o cadro copeiro os seguintes equipos: Sala 5 Martorell (Grupo 3), MRB FS Móstoles (Grupo 4, único que repite xunto ao Portus Apostoli), Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS (Grupo 5, campión en 2024), Entrerríos Automatización (6), Voladuras Carthago Jimbee Cartagena (Grupo 7) e Room Tryp Agüimes (Grupo 8).
Declaracións previas
Horarios e o cadro
Cuarto de Final 1: Noia Portus Apostoli FS – CD Valle del Ebro | Venres 20 de marzo (10:00h)
Cuarto de Final 2: Room Tryp Agüimes – Voladuras Carthago Jimbee Cartagena | Venres 20 de marzo (12:30h)
Cuarto de Final 3: Heredia 21 Málaga Ciudad Redonda FS – Entrerríos Automatización | Venres 20 de marzo (15:00h)
Cuarto de Final 4: MRB FS Móstoles – Sala 5 Martorell | Venres 20 de marzo (17:30h)
---------------
Semifinal 1: Gañador Cuarto de Final 1 - Gañador Cuarto de Final 2 | Sábado 21 de marzo (11:00h)
Semifinal 2: Gañador Cuarto de Final 3 - Gañador Cuarto de Final 4 | Sábado 21 de marzo (13:00h)
---------------
Final: Gañador Semifinal 1 - Gañador Semifinal 2 | Domingo 22 de marzo (12:00h)
Emisión en directo
O torneo poderase seguir, gratis, en directo e en exclusiva, a través das canles oficiais da RFEF (YouTube e redes sociais).
El desplazamiento
A expedición noiesa arrancou rumbo a Granada na noite do mércores, tras realizar un adestramento no Municipal Agustín Mourís. Á súa chegada á cidade nazarí, levaron a cabo unha última sesión previa ao torneo no Pavillón Fuentenueva Universidad de Granada.





Comments