
Venres, 28/03/2025 · 16:55h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso recuperan esta fin de semana (dom. 30/03, 12:30h) o partido aprazado da xornada 16.
O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS afronta este domingo 30 ás 12:30h no Agustín Mourís o partido da xornada 16 que quedou pendente en xaneiro pola borrasca Herminia, recibindo ao Stellae Leis Pontevedra FS.
Tras o triunfo ante o ED Vigo 2015 FS e a derrota do 5 Coruña FS hai dúas semanas, os noieses lograron recolocarse no máis alto da táboa clasificatoria. Dobre revitalizador, tendo en conta que o 5-0 logrado contra os vigueses supuxo cortar a xeira negativa de catro encontros seguidos sen gañar que acumulaban. Porén, os coruñeses tamén tiñan que recuperar o seu duelo da 16ª data e fixérono con vitoria, o que relega aos brancos de novo á segunda praza.
Regresar á primeira pasa por superar ao Stellae Leis Pontevedra FS, 8º con 33 puntos, que tratará de dar a sorpresa no Mourís para aproximarse a unha 7ª praza que ve a 6 puntos e á salvación matemática, a cual ten preto. No seu anterior choque, os do río Lérez cederon na casa por 3-7 ante o ADC Lugo Sala Acasti Reformas.
Os ecos do soño da Copa de España Xuvenil xa resoan cada vez máis próximas, a tan só dúas semanas de poñer rumbo a Murcia. Os noieses queren ir alí como líderes do seu grupo, e para iso terán que dar o do de peito nos dous compromisos previos, empezando por este domingo.
Precedentes
·15 de setembro de 2024 | X1 Xuvenil División de Honra FS – Grupo I 2024/2025 | STE 1-9 NPA
Comentarios