CRÓNICA X1 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (PAR 4–1 NPA) | Estrea con derrota en Ferrol

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli comezou o curso con derrota (4-1) na pista do O Parrulo Ferrol FS.
O equipo de Pablo Cardoso adiantouse no marcador no primeiro minuto de xogo, grazas ao tanto de Pablo Crespo en saque de falta. A vantaxe aguantou ata o minuto 13, cando os ferroláns empataron por medio de Alexandre Rico.
Acertaron os locais
O encontro estaba igualado na pista e o marcador, pero dous tantos nos dez minutos iniciais do segundo tempo decantárono para os parrulos. O cuarto gol local, obra de Mauro Tato no 31’, empuxou á entrada do porteiro-xogador noiés. Coa superioridade numérica, o Noia contou con ocasións, aínda que non acerto, deixando os tres puntos en A Malata.
Próximo partido
Os noieses recibirán ao Sibuscascoche Ribeira FS o vindeiro domingo 27 ás 12:15h no Agustín Mourís pola 2ª xornada ligueira.
Ficha técnica
O Parrulo Ferrol FS: Pablo Cordero (p), Lucas Rodríguez, Mauro Tato, Iker Picos e Alexandre Testa. Tamén xogaron Alejandro Basalo (p), Anxo López, Rubén Oliveira, Pablo Rivera, Antonio Prieto, Alexandre Rico, Matías Gondar, Mikel Fernández e Martín Beceiro.
Noia Portus Apostoli FS: Lucas Purriños (p), Hugo Martínez, Kevin Fernández, Pablo Crespo e Mamadou. Tamén xogaron Mario Fernández, Cepeda, Pablo Costa, Hugo de la Peña, Darío Vilariño e Adri Yáñez.
Goles: 0-1 Pablo Crespo (1’), 1-1 Alexandre Rico (13’), 2-1 Alexandre Testa (23’), 3-1 Cepeda, en propia portería (28’), 4-1 Mauro Tato (31’).
Os árbitros Carmen Rodríguez Grande e Eloy Bello Gómez amoestaron con tarxeta amarela nos ferroláns a Antonio Prieto (18’) e Mauro Tato (20’). Nos noieses, amarela a Hugo Martínez (39’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 1 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal A Malata de Ferrol.





Comments