top of page

O XVIII Campus de Verán non defrauda

  • 15 hours ago
  • 1 min read
Luns, 24/08/2026 · 14:39h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O pasado venres concluiu a cita estival por excelencia do fútbol sala base noiés.
Luns, 24/08/2026 · 14:39h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O pasado venres concluiu a cita estival por excelencia do fútbol sala base noiés.

A 18ª edición do Campus de Verán do Noia Portus Apostoli FS xa é historia. Co último episodio do pasado venres pechouse o tradicional evento do verán noiés, que, novamente, cumpriu coas expectativas.


Durante cinco días, os nenos participantes viviron en primeira persoa as máximas de desfrutar e aprender. Todo iso a partir da pelota de fútbol sala, xa fora xogando con ela, compartindo e amosando compañeirismo cos demais, poñendo o dente ás merendas saudables ou coas visitas de xogadores profesionais. Nesta ocasión, asistiron Koeman, Charly, Dani Colón, Montero, Juampi Cuello, Thierry, Biel e Macedo por parte do Club branco e os indonesios Rio Pangestu, Ardiansyah Nur e o preparador físico Juan Carlos Argibay, vello coñecido en Noia.


Desde o Club queremos facer extensas as nosas máis sinceras grazas aos nenos e nenas, familias, monitores e ao Concello de Noia por facer posible unha edición máis do Campus... e ata o ano que vén!


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Comments


bottom of page