top of page

O Xuvenil de División de Honra pon en marcha unha nova e ilusionante temporada

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Sep 3
  • 2 min read
Mércores, 03/09/2025 · 10:36h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O equipo de Pablo Cardoso botou a andar o pasado luns 1, co primeiro paso dunha pretemporada de cinco semanas.
Mércores, 03/09/2025 · 10:36h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O equipo de Pablo Cardoso botou a andar o pasado luns 1, co primeiro paso dunha pretemporada de cinco semanas.

O novo Xuvenil de División de Honra noiés xa está traballando. O equipo dirixido por Pablo Cardoso empezou as sesións de pretemporada este luns 1 de setembro, nun período que se alargará ata o sábado 4 de outubro con varios amistosos entre medias.


Como é habitual nunha categoría dividida por idades, Pablo Cardoso dispón de varias caras novas. Son o porteiro Cristian, o peche Hugo Veiga e os ás Cepeda, Iván León, André, Miguel Abeijón e Jorge Santiago, e nos vindeiros días incorporarase o porteiro Gabriel.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Do curso pasado continúan César, Gabi, Danito, Xavi Souto, Miguel Romero e Adrián Yáñez, que se suman aos Mosquera, Álvaro, Iago López e Oliver Chenel, que están realizando a pretemporada co Filial, e a Koeman, nas mesmas labores co Primeiro Equipo. Ademais, estanse exercitando os cadetes Héctor Filgueira e Bosco Cameán. As baixas con respecto ao término da anterior campaña son Sito, Koke, Mateo Varela, Saúl e Brais, quen finalizan por idade a súa etapa como xuvenís. A excepción de Sito, todos eles seguen no Club a través do Filial.


Tres amistosos confirmados ata o momento

O cadro branco ten acordados para esta pretemporada tres enfrontamentos amistosos, ante CD CompoSala, FS Carballiño e 5 Coruña FS, con horario por confirmar definitivamente.


A temporada oficial empezará para o conxunto noiés a fin de semana do 11 de outubro no Agustín Mourís contra o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo. Aí comezará un novo, ilusionante e desafiante reto para o conxunto que defende título de campión do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS.

Comments


bottom of page