top of page

Pablo Cardoso, novo adestrador do Xuvenil de División de Honra

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Sep 2
  • 1 min read
Martes, 02/09/2025 · 21:12h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Tamén dirixirá ao Cadete na Preferente Futgal FS.
Martes, 02/09/2025 · 21:12h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Tamén dirixirá ao Cadete na Preferente Futgal FS.

Pablo Cardoso Bóveda (Chapela. 12/06/2002) será o adestrador do Xuvenil de División de Honra na temporada 2025/2026. Ademais, tamén asumirá o cargo co conxunto Cadete, que disputará este curso a máxima división da súa categoría, a Preferente Futgal FS.


Esta será a quinta campaña no Portus Apostoli de Pablo, que anteriormente foi xogador do Filial, chegando a debutar en Primeira co Primeiro Equipo, e adestrador de varios equipos da Escola Deportiva. Aínda que mozo, o seu amplo coñecemento do fútbol sala galego e experiencia no Club aválano neste novo posto, no que terá como obxectivo principal o seguir formando ás promesas brancas que aspiran a dar o salto.


Moita sorte e encantados de emprender este novo reto xuntos, Pablo!

Comments


bottom of page