top of page

A folla de ruta da pretemporada 2026/2027 noiesa xa está marcada

  • Jul 20
  • 1 min read
Luns, 20/07/2026 · 21:12h | Cinco semanas e outros tantos amistosos conformarán a preparación do Portus Apostoli.
Luns, 20/07/2026 · 21:12h | Cinco semanas e outros tantos amistosos conformarán a preparación do Portus Apostoli.

O Noia Portus Apostoli FS 2026/2027 está a punto de botar a rodar. O luns 3 de agosto, coa presentación do plantel e corpo técnico e os primeiros exames médicos, o conxunto noiés arrancará a pretemporada do seu quinto curso consecutivo na elite do fútbol sala nacional. Precisamente, cinco serán as semanas de preparación, nas que disputarán esa mesma cifra de partidos amistosos.


Empezando polo sábado 15 de agosto, data na que os de David Palmas realizarán a súa primeira proba do algodón en Redondela ante o ADCR Caxinas e Poça da Barca portugués. A continuación, semana con doble dose no Mourís grazas ao IX Trofeo Portus Apostoli. Mañá martes coñeceranse todos os detalles da novena edición da competición estival local, que este curso se xogará o venres 21 e o sábado 22 en formato de semifinais e final xunto a outros tres cadros de renome nacional e internacional.


O Trofeo Portus Apostoli será a gran cita do verán noiés | Imaxe: Foto Pichero
O Trofeo Portus Apostoli será a gran cita do verán noiés | Imaxe: Foto Pichero

O ritmo seguirá o venres 28 en Sanxenxo, onde se producirá o choque co SC Braga luso. Finalmente, e xa co comezo da Liga Prime Futsal a unha semana vista, os noieses viaxarán a Ferrol para disputar o venres 4 de setembro un capítulo amistoso do derbi fronte ao O Parrulo.


Demais aspectos relativos a posibles cambios de data, horarios e venda de entradas serán desvelados nos vindeiros días polas distintas canles de información do Club.

Comments


bottom of page