top of page

Comeza o traballo para o Noia Portus Apostoli FS “B” 2023/2024

O conxunto dirixido por David Palmas botou a andar este luns 21, coa presentación e o primeiro adestramento.

(foto: Manuel Lorenzo)

O Noia Portus Apostoli FS “B” convertiuse este luns 21 no segundo conxunto da entidade en retornar ao traballo, coa presentación e o primeiro adestramento da pretemporada, a algo menos dun mes de comezar a cuarta participación consecutiva na Terceira División.

O adestrador David Palmas, na súa terceira campaña no cargo, e o axudante Julio Moreno foron os encargados de dar a benvida aos xogadores, un plantel xoven, con algunhas caras novas e tamén ampla presenza de xuvenís que tentarán gañarse a confianza dos adestradores para facerse un oco no Filial e, nun futuro, no primeiro equipo. Con eles están a realizar a pretemporada os filialistas Pau e Iván, como exemplo a seguir para os seus compañeiros.

Co claro obxectivo de mellorar o oitavo posto acadado o curso pasado e non poñerse límites, arranca unha ilusionante 2023/2024 para o Noia Portus Apostoli FS “B”, coa mente centrada na posta a punto para a fin de semana do 17 de setembro e o debut contra o Grupo Forma-t Vilalba FS “B”.

Kommentit


bottom of page