top of page

Oliver Chenel, Cristian e Mosquera realizarán a pretemporada co Primeiro Equipo

  • 24 hours ago
  • 2 min read
Venres, 24/07/2026 · 15:51h | Serán os tres xogadores filialistas ás ordes de David Palmas nas cinco semanas de preparación para o curso.
Venres, 24/07/2026 · 15:51h | Serán os tres xogadores filialistas ás ordes de David Palmas nas cinco semanas de preparación para o curso.

Tres xogadores do Filial formarán parte do elenco de David Palmas na pretemporada. Oliver Chenel, Cristian e Mosquera uniranse ao Primeiro Equipo noiés durante as cinco semanas de preparación de cara á temporada 2026/2027.


Un novo avance para os xogadores, que na pasada campaña xa deron os seus primeiros pasos cos maiores, e outra prueba que amosa a confianza e a aposta do Noia Portus Apostoli FS na súa cantera. Sen ir máis aló, hai unhas semanas anunciouse a renovación e salto ao Primeiro Equipo de Koeman, principal referencia da Base noiesa á que agora queren emular estes tres rapaces con ganas e argumentos para convencer ao míster e comerse o mundo.


Quen é quen?

Oliver Chenel é un pivote santiagués de 19 anos que, principalmente, destaca pola súa alta capacidade goleadora, como demostrou nas últimas temporadas en Xuvenil División de Honra FS e Segunda División “B” FS. O 18 de novembro de 2025 fixo o seu debut co Primeiro Equipo no duelo copeiro ante Vulcanizados Ruiz Tafa FS, e o 4 de abril de 2026 chegou a estrea en Primeira, nada máis e nada menos que no Palau Blaugrana. Ante as numerosas baixas no tramo final de curso, Oliver gañou en protagonismo, chegando a disputar un total de 5 encontros.


Cristian é un porteiro lucense de 18 años (cumprirá 19 en novembro) que se incorporou ao Club a pasada campaña desde o Ribeira FS. Entre as súas aptitudes sobresaen os reflexos entre paus e a habilidade co balón nos pés. No seu primeiro ano en Noia, foi, ao igual que Oliver e Mosquera, un xogador fundamental nos éxitos do Xuvenil DH, conquistando a Liga do Grupo 1 e competindo en Copa de España Xuvenil FS e o Campionato de España Sub-19 de Clubes. A guinda á súa temporada chegou o 16 de maio, debutando co Primeiro Equipo e en Primeira na pista do Inter JP Financial.


Mosquera, de nome Raúl, é un porteiro santiagués de 19 anos. Dos tres, é o único que aínda non sabe o que é xogar co Primeiro Equipo, pero si formou parte dunha convocatoria e realizou varias sesións de adestramento. As dúas últimas campañas compaxinou Filial e Xuvenil DH, conxuntos cos que continuou demostrando a súa progresión e gran nivel tanto na portería como nas saídas dos seus dominios.

Comments


bottom of page