top of page

#NoiaPAFSnaEscola | De novo no Colexio María Assumpta!

  • Apr 22
  • 1 min read
Mércores, 22/04/2026 · 16:55h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Esta vez cos alumnos de secundaria do centro noiés.
Mércores, 22/04/2026 · 16:55h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Esta vez cos alumnos de secundaria do centro noiés.

O camiño da #NoiaPAFSnaEscola tivo a súa terceira parada o pasado luns. Ismael, Churrasco e Monteros visitaron a un centenar de alumnos de secundaria do Colexio María Assumpta de Noia para continuar divulgando a actividade do Club e os bos hábitos que aporta o deporte.


Xunto a Brais Romero, responsable da Escola Deportiva noiesa, os xogadores encargáronse de compartirlle de maneira detallada aos nenos e nenas de 1º e 2º da ESO a estruturación do Primeiro Equipo do Noia Portus Apostoli FS, en que consiste a rutina diaria dun equipo de Primeira División FS e dar resposta ás numerosas preguntas formuladas.


A xornada rematou cunha sesión de sinaturas e coa entrega de agasallos e material oficial do Club, facendo desta visita unha experiencia moi especial e difícil de esquecer para os rapaces e rapazas.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS

Comments


bottom of page