COMUNICADO OFICIAL | Suspensión e aprazamento do partido contra o Barça

Tras as alegacións presentadas polo FC Barcelona nas últimas horas, o Xuíz de Competición decidiu revocar a súa decisión inicial tomada onte sábado referente ao cambio de horario (das 12:30h ás 20:30h deste domingo 4 de outubro) do partido da xornada 4 do Torneo Apertura da Liga Prime Futsal e, finalmente, suspender e aprazar o encontro a unha data futura que ambos Clubes deberán acordar nun prazo de 48 horas.
A pesar de ser unha situación totalmente allea ao Club, desde o Noia Portus Apostoli FS manifestamos as nosas desculpas aos abonados e afeccionados con entrada para este partido. As localidades xa adquiridas continuarán sendo válidas para a nova data e, ante calquera dúbida ou petición, segue habilitado o correo electrónico administracion@noiafutbolsala.com.





Comments