Conservas Mariscadora, novo patrocinador do Noia Portus Apostoli FS

O Noia Portus Apostoli FS e Conservas Mariscadora alcanzaron un acordo polo que a empresa conserveira galega se une ao bloque de patrocinadores do Club.
60 anos e tres xeracións servindo materia prima de alta calidade das nosas costas, sumada cunha dedicada e respectuosa elaboración tradicional, caracterizan á compañía radicada en Cambados. Mediante a súa actividad, contribuíron durante as últimas seis décadas a preservar a esencia dos produtos do mar e achegar a gastronomía galega a diferentes mercados.

A unión entre Club e conserveira tivo a súa primeira posta en escena a pasada fin de semana, co sorteo de dous packs de conserva no partido contra o Illes Balears Palma Futsal.
A incorporación de Conservas Mariscadora á nosa rede de patrocinios forma parte do compromiso do Club por continuar fortalecendo vínculos co entorno empresarial da nosa comunidade.
Benvidos á familia noiesa, Conservas Mariscadora!





Comments