Venres, 13/09/2024 · 19:45h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Ambos conxuntos noieses inician esta fin de semana o reto dunha nova categoría, Segunda División “B” FS e Xuvenil División de Honor FS, respectivamente.
Empeza a competición no Noia Portus Apostoli FS e con dous debuts moi agardados! Filial e Xuvenil arrancan as súas ilusionantes aventuras en Segunda División “B” FS e División de Honra FS, respectivamente, esta fin de semana coas primeiras xornadas ligueiras.
O Filial estrease no Agustín Mourís
Hai menos de 10 anos, o Primeiro Equipo noiés competía no grupo I da Segunda División “B” FS. Este sábado 14 ás 12:30h na casa, o Noia Portus Apostoli FS “B” fará fronte ao IES Coruxo FS o seu histórico debut na categoría de bronce do fútbol sala español, uns meses despois de arrasar en Terceira.
O técnico andaluz Guille Murillo asumiu esta temporada o mando dun equipo que destaca pola súa xuventude, ao estar conformado por xogadores sub-23, e que ten claros os obxectivos para este curso: formar futbolistas para o Primeiro Equipo e manter a categoría, sen poñerse límites.
En pretemporada, os filialistas asinaron 3 vitorias (6-3 vs 5 Coruña FS, 2-8 vs O Esteo FS e 4-3 vs CD CompoSala) e 3 derrotas (5-1 y 5-6 vs GRUPO Forma-t Vilalba FS e 1-2 vs ADC Lugo Sala), aínda que con sensacións positivas polas súas actuacións ante duros opoñentes. Para empezar a Liga, un duro e sempre incómodo rival como IES Coruxo FS, que afronta a súa 4ª campaña consecutiva en Segunda División “B” FS, finalizando 9º.
O Xuvenil volve a División de Honra en Pontevedra
Dous ascensos consecutivos colocan ao Xuvenil no máis alto do chanzo da súa categoría, a onde regresa varias temporadas despois e cun formato distinto, no que se enfrontarán a rivais de fóra de Galicia.
Maior esixencia para un equipo que volve a dirixir, un curso máis, Daniel Ventoso, vasto coñecedor dunha xeración que ansía continuar dando alegrías ao Club, empezando por este domingo 15 ás 12:00h, día e hora nos que visitarán o Pavillón Monte Carrasco de Marcón para verse as caras co Stellae Leis Pontevedra FS.
No período de preparación, os noieses conseguiron 2 vitorias (3-1 vs Carballiño FS e 3-1 vs CD CompoSala) e 1 derrota (5-3 vs 5 Coruña FS). Agora, comeza o bo, o de verdade para os rapaces do Xuvenil de División de Honra, con todas as ganas do mundo para facer un bo papel entre os mellores da súa categoría!
Yorumlar