top of page

Filial e Xuvenil DH empezan a pretemporada 2026/2027

  • 23 hours ago
  • 3 min read
Venres, 14/08/2026 · 18:47h · Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os equipos de Chipi e Pablo Cardoso iniciaron o traballo de preparación para o curso esta semana.
Venres, 14/08/2026 · 18:47h · Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os equipos de Chipi e Pablo Cardoso iniciaron o traballo de preparación para o curso esta semana.

Reencontros, caras novas e moita ilusión ante unha nova temporada emocionante e cargada de retos. O Filial e o Xuvenil División de Honra do Noia Portus Apostoli FS regresaron á pista esta semana cos primeiros adestramentos de pretemporada.


O Filial prepara a terceira temporada en Segunda División “B” FS

Terceiro episodio consecutivo na categoría de bronce para o equipo dirixido por Chipi. A pretemporada filialista alargarase ata o 11 de setembro e contará cun total de tres amistosos, ante o REYCO Burela FS (sábado 22 de agosto ás 18:00h en Betanzos), el IES Coruxo FS (sábado 29 ás 18:00h no Mourís) e o ADC Lugo Sala (sábado 5 de setembro ás 19:00h en Lugo). O inicio do campionato ligueiro está marcado para a fin de semana do 19 e 20 de setembro.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


De cara a este novo curso, o Portus Apostoli “B” forma un plantel continuista, nutrido na súa maioría por xogadores que xa pertencían ao Filial e/ou suben desde o Xuvenil División de Honra, ademais de varios novos en idade xuvenil. Así, están realizando estas primeiras sesións de adestramento os porteiros Mateo Castro e Lukas, os peches César e Hugo de la Peña, os á-peche Cepeda e Álvaro, os ás Nico Cuello, Teo, Iago López e Gabi e o á-pivote Mario Fernández. A eles hai que sumar aos metas Cristian e Mosquera e o pivote Oliver Chenel, que están completando a pretemporada co Primeiro Equipo, ademais do á André, que se incorporará á dinámica nos vindeiros días. Por outra parte, non continúan no equipo Iván, Koke, Mateo Varela, Jaime Pan, Hugo, Jorge e Brais, aos que o Club lles agradece os servizos prestados durante a súa estadía e deséxalles a maior das sortes.


Unha nova xeración no Xuvenil DH noiés

A 2026/2027 será unha campaña de moitos cambios para os de Pablo Cardoso, algo lóxico nunha categoría marcada por idades. A vara de resultados está moi alta para esta nova xeración, aínda que o foco, como sempre nestes equipos, estará principalmente na evolución individual e colectiva.


Imaxes: Manuel Lorenzo/Noia PA FS


Así, o plantel a disposición do técnico consta dos porteiros Lukas, Mateo Castro e Mateo Xosé, os peches Hugo de la Peña e Hugo Martínez, os á-peche Cepeda, Pablo Costa, Tomás Cabaleiro e Martín Forján, os ás Pablo Crespo, Adri Yáñez, Bosco, Adrián Troitiño e Kevin Fernández, o á-pivote Mario Fernández e os pivotes Mamadou Fall e Darío Vilariño. Deles, catro efectivos que, en maior ou menor medida, xa formaban parte do conxunto o curso pasado. Finalizaron a súa etapa xuvenil Koeman, Iago López, André, Oliver Chenel, Álvaro, Cristian, Mosquera, Gabi, César, Iván León, Xavi Souto, Jorge Santiago, Miguel Romero, Danito e Hugo Veiga, dos que os últimos seis non seguen na disciplina e aos que o Club lles agradece os servizos prestados durante a súa estadía e deséxalles a maior das sortes.


Nesta pretemporada, os de Pablo Cardoso xogarán cinco choques amistosos. O sábado 22 ás 16:00h na pista do Troula Betanzos FS, o domingo 30 ás 11:00h na casa fronte ao CD CompoSala, o venres 4 de setembro como visitante fronte ao sénior do Alto do Vento FS, o domingo 6 ás 18:00h visitando ao O Parrulo Ferrol FS e, para pechar as preparacións, o domingo 13 na cancha do Redondela FS. A competición empezará para os noieses a fin de semana do 19 e 20 de setembro.

Comments


bottom of page