top of page

Guille Murillo, novo adestrador do Noia Portus Apostoli FS “B”


Sábado, 03/08/2024 · 11:00h | O andaluz dirixirá ao Filial na súa estrea na Segunda División “B” FS.


Guillermo Murillo Bellón (Sevilla, 27/02/1984) será o encargado de conducir ao Noia Portus Apostoli FS “B” nunha histórica temporada 2024/2025, a que será a do debut do Filial noiés na Segunda División “B” FS.


O andaluz conta cun amplo bagaxe deportivo ás súas costas, primeiro como xogador, e, en segundo lugar, despois da súa retirada, nos bancos. Desde 2020 estivo integrado no organigrama técnico do Real Betis Futsal, tanto no Filial como no Primeiro Equipo verdibrancos.


Murillo tamén formará parte do corpo técnico do Primeiro Equipo noiés asumindo diferentes roles dentro deste, o que lle permitirá coñecer de preto a súa actividade e ter conexión directa co resto de preparadores.


Benvido a Noia, benvido á túa nova casa, Guille!


A pretemporada arranca este luns 5

O Filial dará inicio aos adestramentos de pretemporada este vindeiro luns 5 de agosto, en vistas a un histórico curso na terceira categoría nacional que comezará a fin de semana do 14 e 15 de setembro. Os noieses xa saben con que 15 equipos compartirán o Grupo I da Segunda División “B” FS e nas próximas datas coñecerase o calendario de enfrontamentos. Da mesma maneira, nos próximos días desvelarase o grupo de xogadores que conformarán o plantel.


Pola súa parte, o Xuvenil División de Honra, que estará dirixido por Daniel Ventoso, arrancará os seus exercicios o luns 12. O regreso noiés á máxima división Xuvenil darase a mesmo fin de semana do 14 e 15 de setembro, con rivais no Grupo I confirmados pero aínda pendentes de coñecer calendario.

Comments


bottom of page