Todos os detalles do primeiro amistoso
- 40 minutes ago
- 1 min read

Tan só queda unha semana para que o Noia Portus Apostoli FS volva a vivir un asubío inicial de partido. Os de David Palmas desprazaranse ao Pavillón A Marisma de Redondela para disputar o seu primeiro amistoso da pretemporada 2026/2027, este sábado 15 de agosto ás 19:00h fronte ao ADCR Caxinas e Poça da Barca portugués.
O Redondela FS, club organizador do encontro, puxo á venda as entradas en dúas modalidades distintas: entrada anticipada e entrada en taquilla.
A anticipada, a 5€, poderase adquirir só de maneira presencial no Pabellón A Marisma redondelán o luns 10 e o martes 11 de 20:00h a 21:30h e o mércores de 12:00h a 13:30h.
A entrada en taquilla, a 8€, estará dispoñible só o día do partido tamén no Pavillón A Marisma.





Comments