top of page

Daniel Ventoso seguirá sendo o míster do Xuvenil en División de Honra


Sábado, 10/08/2024 · 11:15h | O campión da pasada Liga Galega FS empezará a pretemporada este luns 12 e debutará en Honra a fin de semana do 14 e 15 de setembro.


Tras completar unha temporada espectacular co título de Liga Galega FS e o ascenso, Daniel Ventoso continuará á fronte do Xuvenil noiés, que nesta 2024/2025 regresará á División de Honra para competir ante equipos de Galicia e Castela e León.


O Xuvenil branco acumula dous cursos seguidos promocionando de categoría, desde Autonómica a División de Honra. Un camiño que, desde o banco, comandou Ventoso, formando parte dun dos argumentos que demostran os avances da Escola Deportiva do Club, cunha xeración que coñece perfectamente e coa que seguirá traballando en busca de continuar dando pasos adiante, agora no máis alto da escala nacional da categoría.


A pretemporada comeza o luns 12 e a Liga, en setembro

Ventoso e os seus xogadores, cuxo plantel se desvelará nos vindeiros días, regresarán aos adestramentos este luns 12 no Municipal Agustín Mourís. Por diante, algo máis dun mes de preparativos antes de que arranque o campionato ligueiro, a fin de semana do 14 e 15 de setembro.

Comments


bottom of page