CRÓNICA X9 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (SAL 1–7 NPA) | Festín en Salamanca
- Departamento prensa Noia PA FS

- Dec 8
- 2 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS logrou unha gran vitoria este sábado en Salamanca, superando ao FS Salamanca AGROCESA Crianza Ibérica con contundencia (1-7) e realizando unha actuación de moito nivel.
André abriu a lata no minuto 6 para os noieses, que dominaron de cabo a rabo en todas as facetas do encontro. Pouco tardou en unirse Jorge Santiago, que convertiu dúas dianas no 8’ e no 9’. O 0-4 subiu ao marcador no minuto 12, grazas ao acerto de César. Os locais minimizaron danos a tres do descanso cunha transición exitosa.
Redondeando a vitoria
Nada máis saír de vestiarios, Danito puxo o quinto a pracer, asegurándose de que este partido non se lle ía escapar aos noieses. Dous goles máis sumaron os de Pablo Cardoso, que non soltaron a batuta do duelo en ningún momento, coa sinatura de Iván León e Jorge Santiago, este último certificando o seu hat-trick e o definitivo 1-7 que deixa aos nosos máis líderes con 24 puntos de 27 posibles tras 9 partidos.
Próximo partido
O equipo noiés volve a casa, onde recibirá ao CD Valladolid Sport Sala o vindeiro domingo 14 ás 12:30h pola 10ª data ligueira.
Ficha técnica
FS Salamanca AGROCESA: Iván Natal (p), Javier García, Diego Petisco, Pablo Barrajón e Antonio Garrido. Tamén xogaron Javier Rodríguez (p), Pablo Quintero, Mario Zurrón, Lucas Mateos, Mario Olivares, Hugo Amaro (c), Rubén Sánchez e Álex Vicente.
Noia Portus Apostoli FS: Gabi Díaz (p), Bosco, Cepeda, Gabi e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), César (c), Xavi Souto, Jorge Santiago, Iván León, André, Danito e Miguel Romero.
Goles: 0-1 André (6’), 0-2 Jorge Santiago (8’), 0-3 Jorge Santiago (9’), 0-4 César (12’), 1-4 Pablo Barrajón (17’), 1-5 Danito (21’), 1-6 Iván León (28’), 1-7 Jorge Santiago (34’).
Os árbitros Rubén Pascual e David Rodríguez Martín amoestaron con tarxeta amarela nos salmantinos a Javier García (28’) e Mario Olivares (31’). Nos noieses, amarela a Cepeda (19’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 9 del Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón la Alamedilla de Salamanca.











Comments