CRÓNICA X8 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (OPA 3-6 NPA) | Reacción inmediata
- Departamento prensa Noia PA FS

- Nov 30
- 2 min read

Vitoria importante do Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS. Primeiro, a nivel clasificatorio, onde significa manterse líder con 21 puntos na pista dun rival directo. E, segundo, a nivel mental, porque é a forma de superar a primeira derrota do curso e seguir mirando cara adiante.
Aínda que a cuosa non empezou ben para os de Pablo Cardoso, que lle tiveron que dar a volta ao 2-0 inicial co que se plantou o O Parrulo Ferrol FS ao 8’ de xogo. O golpe espertou aos noieses, que por medio de Gabi reduciron distancias. Só a falta de acerto lles impediu adiantarse antes do descanso.
Certificando a remontada
Pouco tardaron os brancos en facelo no reinicio. Xavi Souto primeiro e Miguel Romero despois propiciaron o 2-3 favorable ao Portus Apostoli. Os ferroláns conseguiron igualar a tres, pero foi cuestión duns minutos que o Noia volvera a aventaxarse, grazas ao gol de Jorge Santiago.
Co O Parrulo lanzándose sobre a portería noiesa no tramo final, unha transición finalizada por Oliver Chenel puxo máis terra de por medio. A sentenza levou a sinatura de Xavi Souto, xa cos locais xogando de cinco.
Próximo partido
Os brancos visitarán ao FS Salamanca AGROCESA Crianza Ibérica o vindeiro sábado 6 ás 17:00h pola 9ª xornada ligueira.
Ficha técnica
O Parrulo Ferrol FS: Lois Villadoniga (p), Sergio Vázquez, Alejandro Díaz (c), Antón García e Daniel Varela. Tamén xogaron Diego Castro (p), Lucas Rodríguez, Xian Perille, Jorge Campos, Alexandre Rico e Alexandre Testa.
Noia Portus Apostoli FS: Gabi Díaz (p), Xavi Souto (c), Cepeda, Gabi y Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Jorge Santiago, Iván León, Miguel Abeijón, André, Bosco, Danito e Miguel Romero.
Goles: 1-0 Sergio Vázquez (5’), 2-0 Lucas Rodríguez (8’), 2-1 Gabi (10’), 2-2 Xavi Souto (21’), 2-3 Miguel Romero (24’), 3-3 Lucas Rodríguez (26’), 3-4 Jorge Santiago (30’), 3-5 Oliver Chenel (38’), 3-6 Xavi Souto (39’).
Os árbitros Mayra Camila Araujo e Guillermo Martínez amoestaron con tarxeta amarela nos ferroláns ao adestrador Adrián González (24’), Sergio Vázquez (24’), Alejandro Díaz (25’) e Antón García (30’). Nos noieses, amarela a Jorge Santiago (30’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 8 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal A Malata de Ferrol.











Comments