CRÓNICA X7 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 4–5 TLS) | Cruel primeira derrota
- Departamento prensa Noia PA FS

- 4 days ago
- 2 min read
Updated: 3 days ago

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS encaixou a primeira derrota da temporada o pasado venres, a mans dun Trepalio León Sala que aproveitou as súas ocasións e contivo as dun cadro branco cuxa remontada se viu frustrada nos últimos segundos.
Os leoneses fixeron fortuna a través dunha férrea defensa e puntería en transicións. Dúas delas transformáronas, ás que o conxunto noiés, que dominaba sen concretar no marcador, só tivo unha réplica na primeira metade por medio dun tiro libre indirecto convertido por Oliver Chenel.
A punto da heroica
A empresa da remontada púxose máis costa arriba nos primeiros seis minutos do segundo acto. Os visitantes anotaron un penalti e unha boa acción individual para colocarse cun 1-4. A reacción branca foi inmediata e, con incorporacións do meta Cristian, os goles comezaron a sucederse.
Do 30’ ao 34’, un gol de Oliver Chenel e dous de Jorge Santiago devolvían a igualada ao electrónico. A inercia favorecía a un Noia que embotellaba constantemente ao seu rival en busca dun quinto tanto que completara o xiro. Porén, a pesar da insistencia e as ocasións, este nunca chegou. E, para máis, o que si aconteceu foi o 4-5, nun erro noiés en saída de presión que o Trepalio penalizou, cuns poucos segundos restando no crono. Cruel final para a xeira de vitorias dos de Pablo Cardoso, que de ningunha maneira empaña o conseguido ata o momento nin os 18 espectaculares puntos que imperan no seu casilleiro.
Próximo partido
O Portus Apostoli visita o vindeiro domingo 30 ás 12:00h ao O Parrulo Ferrol FS na 8ª xornada ligueira.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), César (c), Miguel Romero, Cepeda e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Jorge Santiago, Iván León, Miguel Abeijón, Xavi Souto, Gabi, André, Bosco e Danito.
Trepalio León Sala: Alejandro García (p), Samuel López (c), Alejandro Álvarez, Iker Díaz e Iván Plaza. Tamén xogaron Moisés López, Raúl Hernández, Alberto García, Marco Hernaiz, Mario Soto e Roberto Martínez.
Goles: 0-1 Samuel López (8’), 1-1 Oliver Chenel (8’), 1-2 Iker Díaz (14’), 1-3 Alejandro Álvarez, de penalti (21’), 1-4 Alberto García (26’), 2-4 Oliver Chenel (30’), 3-4 Jorge Santiago (33’), 4-4 Jorge Santiago (34’), 4-5 Iker Díaz (40’).
Os árbitros Adrián Buján Barciela y Brais Comesaña Álvarez amoestaron con tarxeta amarela ao leonés Iván Plaza (33’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 7 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 200 espectadores.











Comments