top of page

CRÓNICA X7 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 6-4 ATB) | Tres máis para o casilleiro


Luns, 28/10/2024 · 17:10h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso prevaleceron no reparto de golpes para lograr un novo triunfo.


O Xuvenil de División de Honra noiés apuntouse outra vitoria no seu historial este pasado domingo, ao superar a un peleón Lácteos Cobreros Atlético Benavente por 6-4 no Agustín Mourís


O encontro non puido empezar mellor para os intereses brancos. Poucos segundos despois do pitazo inicial, Oliver Chenel colocaba o 1-0 no marcador. O posterior dominio noiés semellaba conducir a un triunfo cómodo, pero nada máis lonxe da realidade.


Os benaventanos, que puxeron en apretos en varios momentos ao Portus Apostoli coa súa particular incorporación do porteiro, lograron igualar ese primeiro tanto local, ao igual que os dous seguintes anotados por Álvaro.


Un susto que quedou en anécdota


Á saída de vestiarios, o Lácteos Cobreros Atlético Benavente foi o primeiro en dar e púxose por diante no electrónico. A reacción noiesa foi instantánea, co gol de Saúl reinstaurando as táboas practicamente a continuación.


Xa no 28’, Danito empuxou á rede un balón solto na área para volver a avanzar aos seus, e unha nova diana de Saúl catro minutos máis tarde encarou definitivamente o resultado e puxo xustiza á insistencia dos brancos, que souberon conter ao combativo Benavente e quedaron coas ganas de sumar algún máis.


Próximo partido


Os de Daniel Ventoso, que se manteñen no coliderado con 18 puntos xunto ao 5 Coruña FS, visitarán o vindeiro sábado 2 ás 17:00h na xornada 8 ao ED Vigo 2015 FS.


 

Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS: Lucas (p), César, Álvaro, Xavi Souto e Oliver Chenel. Tamén xogaron Mosquera (p), Sito (c), Mateo Varela, Miguel Romero, Saúl, Hugo Veiga e Danito.


Lácteos Cobreros Atlético Benavente FS: Alejandro Ruano (p), Daniel Santiago, Antonio Ponte, Hugo Lobato e Javier Rodríguez. Tamén xogaron Kauan Amin, Víctor Pereira, Noé Real e Unai Luque.


Goles: 1-0 Oliver Chenel (1’), 1-1 Unai Luque (7’), 2-1 Álvaro (9’), 2-2 Víctor Pereira (9’), 3-2 Álvaro (15’), 3-3 Unai Luque (16’), 3-4 Daniel Santiago (21’), 4-4 Saúl (22’), 5-4 Danito (28’), 6-4 Saúl (32’).


Os colexiados Adrián Buján Barciela e Alejandro Rodríguez Travieso amoestaron con tarxeta amarela polos noieses a Sito (25’) e nos benaventanos a Javier Rodríguez (29’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 7 do Grupo I da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.

留言


bottom of page