top of page

CRÓNICA X7 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 5–5 EST) | Un moi meritorio empate

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Oct 26
  • 2 min read
Domingo, 26/10/2025 · 16:19h | Os de Chipi volveron a tirar de sacrificio e fe para igualar un 2-5 no tramo final e facerse cun importante punto na casa.
Domingo, 26/10/2025 · 16:19h | Os de Chipi volveron a tirar de sacrificio e fe para igualar un 2-5 no tramo final e facerse cun importante punto na casa.

O Mourís volveu a deixar outro exemplo de que os partidos de fútbol sala duran 40 minutos. Esta vez protagonizouno o Filial, que conseguiu sacar este sábado un valiosísimo punto ante un potente O Esteo FS grazas a un gol de Álvaro a poucos segundos do asubío final, culminando a remontada do 2-5 ao 5-5.


Os filialistas estiveron na primeira metade dúas veces a remolque do O Esteo FS, que alcanzaba este duelo da 7ª xornada en segunda posición. En ambas lograron igualar a través do balón parado, transformando Hugo e Teo para poñer o marcador a táboas no tempo de descanso.


E, outra vez, tolemia noiesa


O equipo de Chipi sentíase ben no encontro, pero no outro milita un mago chamado Adri. Co internacional español levando a batuta e as incorporacións dos seus gardametas, os de As Pontes lograron aventaxarse por 2-5 aos oito minutos do reinicio.


Tres goles abaixo, pero doce minutos para crer. E se algo está caracterizando a este moi mozo bloque no inicio de curso é precisamente iso. Koeman abriu a reacción, penalizando un erro visitante na subida de porteiro. Precisamente un dos metas, Regue, foise expulsado por dobre amarela, e nunha das acometidas noiesas en superioridade numérica, Matos cometeu penalti por man. Álvaro non desaproveitou a concesión e colocou a diferenza nun con tres minutos por diante.


Tempo que consistiu nun monólogo local co porteiro-xogador. Ocasión tras ocasión, Xeito non paraba de frustrar entre paus o interminable empuxe blanco. Ata que Álvaro sacou o seu máis que comprobado cañón para rescatar un auténtico puntazo noutra tarde-noite de emoción e tolemia noiesa.


Próximo partido


Os filialistas visitan ao SD Xove FS pola oitava xornada ligueira o vindeiro venres 31 a partir das 21:00h.


Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Iván (p), Hugo (c), Koeman, Teo e Oliver Chenel. Tamén xogaron Jaime Pan, Álvaro, Iago López, Cepeda e Nico Cuello.


O Esteo FS: Xeito (p), Sergio, Jandro, Matos e Rubén. Tamén xogaron Regue (p), Troncho (c), Isma, Gael, Adri e Pablo.


Goles: 0-1 Pablo (6’), 1-1 Hugo (12’), 1-2 Jandro (12’), 2-2 Teo (19’), 2-3 Jandro (23’), 2-4 Matos (27’), 2-5 Matos (28’), 3-5 Koeman (34’), 4-5 Álvaro, de penalti (37’), 5-5 Álvaro (40’).


Os árbitros Andrés Pinilla Boullosa e Daniel Dacal Deza amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Hugo (24’), Teo (40’) e Iván (40’). E nos de As Pontes, amarelas a Regue (33’ e 36’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 7 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia ante uns 250 espectadores.

Comments


bottom of page