top of page

PREVIA X5 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS | CD Inter Sala Casas Rurales - Noia Portus Apostoli FS | Prolongar a xeira

4 minutes ago
2 min read
Venres, 16/10/2026 · 20:07h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O cadro de Pablo Cardoso visita Salamanca (sáb. 17/10, 16:00h) coa opción de conseguir a cuarta vitoria consecutiva.
Venres, 16/10/2026 · 20:07h · Imaxe: Manuel Lorenzo/Noia PA FS | O cadro de Pablo Cardoso visita Salamanca (sáb. 17/10, 16:00h) coa opción de conseguir a cuarta vitoria consecutiva.

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS enfróntase este sábado 17 ás 16:00h co CD Inter Sala Casas Rurales El Rincón del Abuelo, ao que visitará no Polideportivo Lazarillo de Tormes pola 5ª data ligueira.


Non houbo dous sen tres para o equipo de Pablo Cardoso a pasado finde, coa victoria fronte ao 5 Coruña FS que os elevou á 4ª praza con 9 puntos. Agora, coa sempre difícil saída a terras salmantinas, toca buscar a cuarta e, sobre todo, a continuidade do crecemento dun grupo que, partido a partido, aparte de gañar, vaise entendendo moito mellor.


Un CD Inter Sala tamén renovado


Ao igual que os noieses, o CD Inter Sala Casas Rurales El Rincón del Abuelo tamén se atopa nun curso de moitos cambios no seu plantel. De feito, os charros pasaron da campaña pasada a esta de loitar polo primeiro posto a situarse 13º con 3 puntos, tras unha vitoria en catro partidos. No seu anterior compromiso, víronse superados polo líder IES Coruxo FS (5-2).



Emisión en directo

O choque non se emitirá en directo.


Precedentes

·30 de novembro de 2024 | X11 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | NPA 5-1 INT


·27 de abril de 2025 | X26 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2024/2025 | INT 4-2 NPA


·2 de novembro de 2025 | X4 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | INT 3-5 NPA


·28 de febreiro de 2026 | X19 Xuvenil División de Honra FS – Grupo 1 2025/2026 | NPA 4-3 INT

Comments


bottom of page