top of page

CRÓNICA X6 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (CAR 3-6 NPA) | Seis tantos para a sexta vitoria

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • Nov 16
  • 2 min read
Domingo, 16/11/2025 · 17:44h | Os de Pablo Cardoso estiran o pleno de triunfos unha semana máis, gañando con sobriedade en O Carballiño.
Domingo, 16/11/2025 · 17:44h | Os de Pablo Cardoso estiran o pleno de triunfos unha semana máis, gañando con sobriedade en O Carballiño.

O Xuvenil DH noiés continúa instalado no estado de graza. Os de Pablo Cardoso superaron a trampa do Paco Chao, dobregando a un rebelde Carballiño FS por 3-6 e anotándose o sexto triunfo noutros tantos partidos.


Tivo que remar contracorrente o Portus Apostoli, que nos primeiros minutos víase 2-0 abaixo. Dito e feito, cos goles de Xavi Souto -de penalti- e dous de Iván León dando premio ao dominio no xogo.


Con decisión


Pero os carballiñeses non ían a dar o seu brazo a torcer tan facilmente. Froito dunha volea en acción a balón parado chegou o empate a tres. As táboas non fixeron titubear a un Noia que continuou controlando o choque e logrou materializalo no marcador grazas a unha triangulación entre Jorge Santiago, Gabi e Danito finalizada por este último.


Do 3-5 encargouse Gabi, recollendo un balón solto, e o definitivo 3-6 levou a sinatura de André cando os locais atacaban con porteiro-xogador. Chave e cadeado, desta maneira, ao sexto triunfo dun equipo que segue líder férreo con 18 de 18 puntos posibles.


Próximo partido


Os blancos reciben ao Trepalio León Sala o venres 21 ás 20:30h no Agustín Mourís pola sétima xornada ligueira.



Ficha técnica

Carballiño FS: Nicolás Álvarez (p), Mateo Álvarez, Óscar Pérez, Alejandro Álvarez e Iker Domínguez. Tamén xogaron Adrián Troitiño, Mauro Tato (c), Lucas Rodríguez, Nicolás Martínez, Daniel Torres e Mateo Dosantos.


Noia Portus Apostoli FS: Cristian (p), Xavi Souto (c), Danito, Gabi e Jorge Santiago. Tamén xogaron Cepeda, André, Miguel Romero, Iván León, Miguel Abeijón e Bosco.


Goles: 1-0 Adrián Troitiño (5’), 2-0 Mauro Tato (6’), 2-1 Xavi Souto, de penalti (8’), 2-2 Iván León (11’), 2-3 Iván León (18’), 3-3 Mauro Tato (23’), 3-4 Danito (28’), 3-5 Gabi (37’), 3-6 André (38’).


Os árbitros Olivier Cardero Rodríguez e Pablo Enrique Guntín Garrido amoestaron con tarxeta amarela nos carballiñeses a Iker Domínguez (6’) e Adrián Troitiño (10’). Nos noieses, amarelas a Xavi Souto (7’), Jorge Santiago (7’) e Cepeda (35’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 6 do Grupo 1 da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Paco Chao de O Carballiño.

Comments


bottom of page