CRÓNICA X5 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 7–1 LUG) | Cinco partidos, cinco vitorias
- Departamento prensa Noia PA FS

- Nov 9
- 3 min read

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS asinou o 5 de 5 na mañá do domingo. Os brancos foron superiores ao seu rival e demostrárono, endosando no Alonso Rodríguez un 7-1 ao ADC Lugo Sala para lucir 15 puntos que os manteñen outra xornada máis liderando a táboa.
Batuta noiesa desde o saque de centro. A piques estivo Oliver Chenel de reflectilo no marcador, pero o seu disparo foi ao pau. Tamén probou a madeira a continuación o cadro visitante, nunha das poucas aproximacións que gozou no primeiro acto. Porque o control seguía sendo dos locais, que no 10’ tiveron o desexado premio en forma de gol.
O 1-0 chegou con dose de fortuna, nunha acción de esquina na que o lanzamento de Oliver Chenel desviouno de manera involuntaria á rede un lucense. Non moito tardou Gabi en dobrar a vantaxe dos seus cun disparo exterior, e, tras os seus anteriores avisos, uniuse á lista Oliver Chenel facendo bo no segundo pau un servizo de Cepeda no 17’.
Todo ao xogo de cinco
Nos últimos segundos do primeiro acto saíu expulsado o capitán do ADC Lugo Sala Acasti Reformas, e diso se aproveitou o equipo branco no reinicio. Bosco entregou e Danito castigou a superioridad numérica a pracer. Uns instantes despois, André converteu o 5-0 que desencadeou o protagonismo do porteiro-xogador.
Sacouno o bloque lucense en busca da milagre. O gol de Hugo Sanfiz no 25’ foi insuficiente ante un seguro Noia, que tamén desplegou o xogo de cinco, no seu caso para manter o coiro e defender o menor tempo posible.
Aínda que non foi desa maneira como o Portus Apostoli logrou o seu seguinte tanto. Miguel Romero penalizou dentro da área unha nova superioridade numérica por expulsión dun visitante. A partir de aí, desapareceron os xogos de cinco, pero non as dianas locais, xa que Iván León obrou o sétimo e definitivo do líder e do partido no 37’.
Próximo partido
O conxunto de Pablo Cardoso visita ao Carballiño FS o vindeiro domingo 16 ás 12:00h pola sexta data ligueira.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Gabi Díaz (p), Danito, Xavi Souto (c), Cepeda e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), Iván León, Miguel Abeijón, Gabi, André, Bosco, Hugo Veiga e Miguel Romero.
ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Sergio Vila (p), Manuel de la Torre, Iago Núñez, Álex Rion (c) e Aitor Rodríguez. Tamén xogaron Álex González (p), Maikol Caicedo, Yago Carreira, Hugo Sanfiz e Rodrigo Ferrerosa.
Goles: 1-0 Álex Rion, en propia portería (10’), 2-0 Gabi (14’), 3-0 Oliver Chenel (17’), 4-0 Danito (22’), 5-0 André (23’), 5-1 Hugo Sanfiz (25’), 6-1 Miguel Romero (36’), 7-1 Iván León (37’).
Os árbitros Jesús Miguéns e Marcos Vázquez amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Gabi Díaz (7’) e Gabi (34’). Nos lucenses, amarelas a Álex Rion (6’ e 19’), Hugo Sanfiz (17’), Iago Núñez (19’ e 34’), Maikol Caicedo (31’) e Manuel de la Torre (37’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 5 do Grupo 1 da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón Alonso Rodríguez de Noia ante uns 150 espectadores.












Comments