top of page

CRÓNICA X4 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (INT 3-5 NPA) | Catro de catro e liderado en solitario!

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • 1 day ago
  • 2 min read
Luns, 03/11/2025 · 18:32h | Os noieses vencen no partido no cumio e aúpase á primeira praza da táboa.
Luns, 03/11/2025 · 18:32h | Os noieses vencen no partido no cumio e aúpase á primeira praza da táboa.

O Xuvenil de División de Honra noiés levou a palma no enfrontamento entre equipos con pleno de vitorias. Os de Pablo Cardoso resolveron no tramo final un igualado encontro para triunfar por cuarta ocasión consecutiva e quedar en solitario no liderado.


Os locais foron os primeiros en acertar no reparto de alternativas, aproveitando un erro do Portus Apostoli en saída de presión. Cando o CD Inter Sala máis apretaba en busca do segundo, os noieses armaron unha precisa transición definida perfectamente por Cepeda no 18’.


Final por todo o alto


A segunda parte mantivo o equilibrio con alternancias para cada cadro. Oliver Chenel puxo por diante ao Noia, xa no 30’ de xogo, a pase de Gabi. Os salmantinos nivelaron de novo, ao igual que fixeron uns minutos máis tarde tras o tanto de Gabi.


Con 3-3 a dous minutos do final e a pelota queimando, Koeman sacou da chistera unha magnífica acción individual e golpeou con firmeza para volver a avanzar aos seus. O CD Inter Sala saíu de cinco e estivo a piques de colocar as táboas por terceira vez nunha perigosa xogada preto de portería, pero Cristian atrapou o coiro e castigou desde os seus dominios para o 3-5 definitivo, que deixa aos noieses como único equipo con pleno e no máis alto da táboa.


Próximo partido


Os noieses recibirán ao ADC Lugo Sala Acasti Reformas o vindeiro domingo 9 ás 12:30h pola quinta xornada ligueira.



Ficha técnica

CD Inter Sala Adarsa Mercedes: Víctor Martín (p), Miguel Pérez, Iván Martín, Manuel Martín (c) e Hugo de la Peña. Tamén xogaron Rubén Domínguez (p), Marcos Hernández, Carlos Corral, Sergio Cavero, Abdón Rodilla, Álberto Yáñez, Javier Marcos, Enzo Jiménez e Pablo Delgado.


Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), Danito, Koeman, Cepeda e Oliver Chenel. Tamén xogaron Cristian (p), César (c), Jorge Santiago, Iván León, Xavi Souto, Gabi, André e Bosco.


Goles: 1-0 Alberto Yáñez (13’), 1-1 Cepeda (18’), 1-2 Oliver Chenel (30’), 2-2 Miguel Pérez (33’), 2-3 Gabi (36’), 3-3 Sergio Cavero (37’), 3-4 Koeman (38’), 3-5 Cristian (40’).


Os árbitros Jesús Montero e Adrián Rodríguez Fernández amoestaron con tarxeta amarela nos locais a Iván Martín (8’), Rubén Domínguez (29’), Manuel Martín (33’), o adestrador Remigio Barbero (33’) e Hugo de la Peña (40’). Nos noieses, amarelas a César (30’) e Cepeda (40’). Viu a vermella directa Jorge Santiago (40’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 4 do Grupo 1 da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Polideportivo Lazarillo de Tormes (Salamanca).

Comments


bottom of page