top of page

CRÓNICA X3 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA (SAL 4-1 NPA) | Amarga primeira derrota


Luns, 30/09/2024 · 13:30h · Imaxen (de arquivo): Manuel Lorenzo/Noia PA FS | Os de Daniel Ventoso estreláronse unha e outra vez contra a resistencia defensiva salmantina.


O gran inicio do Xuvenil de División de Honra viuse freado o pasado sábado en La Alamedilla de Salamanca. Os de Daniel Ventoso caeron por 4-1 ante o FS Salamanca Ecotisa, quen logrou atragoar o apartado ofensivo dos noieses.


Os locais puxéronse por diante no minuto 9, nunha acción na que os brancos reclamaron falta. Catro máis tarde, os salmantinos dobraron a súa vantaxe aproveitando unha transición. Demasiado castigo para o esfuerzo dun Portus Apostoli que atopou o seu primeiro e, ao cabo, único tanto no 18’, por medio de Oliver Chenel nunha xogada de córner.


Nada mellorou no segundo tempo


Un erro na defensa a un saque de banda coas mans propiciou o 3-1 que poñía aínda máis costa arriba a empresa aos noieses, xa de por si frustrados ante a continua falta de acerto en ataque.


Aínda quedaban doce minutos, iso si, pero non ía a ser o día. O Xuvenil DH noiés probouno de todas as maneiras, incluso coas incorporacións do meta Koke, sen resultar ningunha en gol. Para máis inri, os locais sumaron o cuarto e definitivo tanto nos últimos segundos coa conversión dun dez metros.


Próximo partido


Os noieses, 3º con 6 puntos tras tres xornadas, buscarán olvidar este esvarón a vindeira semana, na visita ao Mourís do 5 Coruña FS, o agora único equipo que conta todos os seus partidos por vitorias.


 

Ficha técnica

FS Salamanca Ecotisa: Hugo Santos (p), Marcos González, Hugo Amaro, Carlos Gómez e Iván García. Tamén xogaron Hugo Gomez (p), Diego Petisco, Mario Olivares, Sergio Rodríguez, Nicolás Sánchez e Antonio Garrido.


Noia Portus Apostoli FS: Koke (p), César, Álvaro, Iago López e Oliver Chenel. Tamén xogaron Mosquera (p), Lucas (p), Sito (c), Mateo Varela, Brais, Xavi Souto, Gabi, Saúl e Danito.


Goles: 1-0 Marcos González (9’), 2-0 Antonio Garrido (13’), 2-1 Oliver Chenel (18’), 3-1 Marcos González (28’), 4-1 Sergio Rodríguez (39’).


Os colexiados David Llorente El Hataf e Víctor Rodríguez Faraco amoestaron polos locais con cartón amarelo a Marcos González (6’), Antonio Garrido (13’), Mario Olivares (38’) e Hugo Santos (39’). Nos noieses, amarelas a Álvaro (14’), Iago López (31’) e Lucas (37’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 3 del Grupo I da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Pavillón La Alamedilla de Salamanca.

Comments


bottom of page