top of page

CRÓNICA X30 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (NPA “B” 4–5 LUG) | Derrota na despedida

  • 3 days ago
  • 2 min read
Luns, 04/05/2026 · 19:38h · Imaxe: ADC Lugo Sala | Os brancos pechan unha grandísima segunda temporada na categoría de bronce con caída pola mínima en Outes.
Luns, 04/05/2026 · 19:38h · Imaxe: ADC Lugo Sala | Os brancos pechan unha grandísima segunda temporada na categoría de bronce con caída pola mínima en Outes.

O Noia Portus Apostoli FS “B” puxo fin á súa temporada 2025/2026 cunha derrota (4-5) ante o ADC Lugo Sala, subcampión do Grupo 1, nun disputado partido celebrado no Concello de Outes.


Os brancos puxérono da súa parte cedo. No minuto 9 xa mandaban por 2-0, froito dos tantos do visitante Javi en propia meta e de André, xuvenil que entrou na lista xunto a Jorge Santiago, Miguel Romero e o máis habitual Cepeda. Incluso, cando o ADC Lugo Sala reduciu diferenzas, os de Chipi tiveron a capacidade de reaccionar e colocar o 3-1, por medio de Brais tras gran acción persoal de Jorge, co que se alcanzou o descanso.


Un minuto fatal


Na segunda metade, todo se empezou a torcer para os noieses. Empezando pola discutible expulsión por vermella directa de Brais. Os seus compañeiros resistiron na inferioridade numérica, pero pouco despois encaixaron nunha desafortunada situación e, no ecuador, recibiron o empate a tres.


Igualdade máxima | Imaxe: ADC Lugo Sala
Igualdade máxima | Imaxe: ADC Lugo Sala

Balanza igualada e partido axustado que se decantou do lado lucense con dous goles no minuto 37 moi celebrados, xa que lles permitían finalizar segundos na táboa. O Portus Apostoli “B”, que combinou o porteiro-xogador e as incorporacións do seu gardameta, só atopou resposta sobre a bucina, co gol do porteiro Koke.


Final de temporada con derrota, a terceira seguida, e un 5º posto con 49 puntos que é o mellor rexistro do Filial nos seus dous cursos na categoría. Pero se algo hai que reseñar é o enorme traballo dun grupo de rapaces, que desde agosto completaron o obxectivo da salvación con suficiencia, plantaron cara a grandes equipos, repuxéronse ás adversidades, soñaron co PlayOff de ascenso a Segunda case ata o último minuto e, por enriba de todo, aportaron ao Primeiro Equipo cando foi preciso. Pouco máis que pedir. Simplemente, que siga este gran camiño.



Ficha técnica

Noia Portus Apostoli FS “B”: Koke (p), Hugo, Nico Cuello, Teo e Brais. Tamén xogaron Mosquera (p), Jorge Santiago, Miguel Romero, André, Jorge (c) e Cepeda.


ADC Lugo Sala: Yerai (p), Miguel (c), Pablito, Rubén e Isi. Tamén xogaron Javi, Segura, Brunito, Yago Tenreiro, Mitxel de Sousa, Pansi e Pedro.


Goles: 1-0 Javi, en propia portería (5’), 2-0 André (9’), 2-1 Rubén (15’), 3-1 Brais (16’), 3-2 Yago Tenreiro (27’), 3-3 Isi (30’), 3-4 Yago Tenreiro (37’), 3-5 Pansi (37’), 4-5 Koke (39’).


Os árbitros Ander Orbegozo Canton e Pablo Enrique Guntin Garrido amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Hugo (22’) e o adestrador Chipi (23’). Viu a vermella directa Brais (23’). Nos lucenses, amarelas a Aarón (23’) e Isi (23’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 30 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Polideportivo de A Serra do Concello de Outes.

Comments


bottom of page