CRÓNICA X2 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (NPA 9–1 RIB) | Primeiro e contundente triunfo!

O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS obtivo este domingo a súa primeira vitoria da temporada. Os brancos fixeron gala dunha gran pegada para superar ao Sibuscascoche Ribeira FS (9-1) no Mourís.
Os de Pablo Cardoso comezaron a encarrilar pronto o partido, cos tantos de Mamadou e Pablo Crespo no 2’ e o 3’, respectivamente. O control noiés permitiu que chegaran dous goles máis antes do descanso, ambos de Mario Fernández.

Pegada decisiva
A pesar da clara desvantaxe, o Sibuscascoche Ribeira FS saíu decidido a poñer en apretos ao Portus Apostoli na segunda metade. Os lucenses dispuxeron de varias ocasións para reengancharse ao partido. Intentos sen éxito que o Xuvenil DH branco non deixou pasar para terminar por sentenciar o choque.
Entre o minuto 30 e o 34 sucedéronse catro dianas locais máis. Outras dúas de Mario Fernández e as de Darío Vilariño e Kevin Fernández. O cadro visitante anotou o da honra no 36’ e, xa nos últimos segundos, Tomás Cabaleiro puxo a guinda á goleada.
Con este primeiro triunfo, o equipo noiés gaña en confianza no moral e postos na clasificación, situándose 7º con 3 unidades tras dous partidos.
Próximo partido
O Xuvenil DH noiés visitará ao Troula Betanzos FS o vindeiro sábado 3 a partir das 17:30h pola 3ª xornada ligueira.
Ficha técnica
Noia Portus Apostoli FS: Mateo Xosé (p), Hugo Martínez, Kevin Fernández, Pablo Crespo e Mamadou. Tamén xogaron Mario Fernández, Bosco (c), Tomás Cabaleiro, Darío Vilariño, Martín Forján, Pablo Costa e Adri Yáñez.
Sibuscascoche Ribeira FS: Hugo Sánchez (p) (c), Álvaro Arias, Mateo Minh, Iker Fernández e Iago García. Tamén xogaron Pablo Dorado (p), Marco Dorado, Héctor Touzón, Mario Díaz, Samuel Castro, Daniel Abuín e Miguel López.
Goles: 1-0 Mamadou (2’), 2-0 Pablo Crespo (3’), 3-0 Mario Fernández (9’), 4-0 Mario Fernández (19’), 5-0 Mario Fernández (30’), 6-0 Mario Fernández (31’), 7-0 Darío Vilariño (32’), 8-0 Kevin Fernández (34’), 8-1 Mario Díaz (36’), 9-1 Tomás Cabaleiro (40’).
Os árbitros Diego González Pontevedra e Pedro Riveira Mendoza amoestaron con tarxeta amarela nos noieses a Pablo Crespo (16’) e Darío Vilariño (36’). Nos lucenses, amarelas a Iago García (19’) e Daniel Abuín (33’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 2 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Agustín Mourís de Noia.





Comments