CRÓNICA X2 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (VTG 4-5 NPA) | Abonados á épica
- Departamento prensa Noia PA FS

- Oct 20
- 2 min read

Se a primeira foi in extremis, a segunda vitoria ligueira do Xuvenil de División de Honra dobrou a aposta. O equipo de Pablo Cardoso superou ao Valladolid Tierno Galván FS por 4-5 grazas a tres goles nos últimos dous minutos.
Os noieses lograron adiantarse ata en dúas ocasións no primeiro tempo. Porén, os valisoletanos igualaron en ambas, primeiro o tanto de Gabi e despois un en propia meta, levando ao descanso un marcador de 2-2.
Tolemia noiesa trasladada a Valladolid
O conxunto local tomou vantaxe aos sete minutos do reinicio, facendo estériles os intentos do Portus Apostoli. Inflixiu máis dano o Tierno Galván cando, no 36’ e nada máis entrar o porteiro-xogador noiés, subían ao electrónico o 4-2.
E a partir de aí empezou a tolemia. Jorge Santiago recurtaba diferenzas nunha boa acción de cinco. Acto seguido, os valisoletanos quedaban cun menos, algo que aproveitaba Bosco para nivelar a catro. Xa no último minuto de xogo, os noieses volveron a arriscar e atoparon premio. Nun saque de esquina, Miguel Romero conectou o pase de Gabi e, con 40 segundos por xogarse, completou a remontada dun Noia abonado á épica.
Próximo partido
Os brancos recibirán ao Jogafan Ordes FS o vindeiro sábado 25 ás 16:15h pola terceira xornada ligueira.
Ficha técnica
Valladolid Tierno Galván FS: Abel Martínez (p), Adrián Revilla, Mario Fernández, Gonzalo Placer e Iker Alonso. Tamén xogaron Diego García (p), Daniel Santiago, Daniel Gutiérrez, Daniel Valtuille, Esteban González e Alejandro Mencía.
Noia Portus Apostoli FS: Cristian (p), César (c), Iván León, Miguel Romero e André. Tamén xogaron Danito, Bosco, Gabi, Adrián Yáñez, Xavi Souto, Hugo Veiga e Jorge Santiago.
Goles: 0-1 Gabi (4’), 1-1 Gonzalo Placer (9’), 1-2 Adrián Revilla, en propia portería (18’), 2-2 Iker Alonso (19’), 3-2 Adrián Revilla (27’), 4-2 Daniel Valtuille (37’), 4-3 Jorge Santiago (38’), 4-4 Bosco (40’), 4-5 Miguel Romero (40’).
Os árbitros Alfonso Enrique Gómez e Víctor José Gómez amoestaron con tarxeta amarela nos valisoletanos a Daniel Santiago (8’) e Adrián Revilla (11’ e 38’). Nos noieses, amarelas a Gabi (13’), Iván León (16’) e Jorge Santiago (19’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 2 do Grupo 1 da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal Lalo García de Valladolid.











Comments