top of page

CRÓNICA X2 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (XOV 6–4 NPA “B”) | Un mal inicio condena ao Filial

Sep 28
2 min read
Luns, 28/09/2026 · 21:50h | Os filialistas tampouco lograron sumar en Xove, onde unha primeira metade pouco atinada foi demasiada rémora.
Luns, 28/09/2026 · 21:50h | Os filialistas tampouco lograron sumar en Xove, onde unha primeira metade pouco atinada foi demasiada rémora.

O Filial do Noia Portus Apostoli FS segue sen puntos no seu haber. Os noieses cederon na súa visita a Xove (6-4), nun partido que se decantou na primeira metade e ao que non lograron darlle a volta.


O choque comezou con igualdade e ocasións repartidas. Porén, o 1-0 do cadro xovego no 6’ rompeu o marcador e a dinámica no seu favor. Cos de Chipi groguis, o equipo verde conseguiu penalizar os erros visitantes e plantarse cun 4-0 no electrónico. A poucos segundos do descanso, Teo converteu o 4-1 que alimentaba unha pequena esperanza.


A fortuna tampouco sorriu


E aínda medrou máis co 4-2 de André no minuto 26. O tanto chegou na primeira acción con porteiro-xogador, estratexia que os brancos se viron empuxados a usar ata o final do encontro pola lesión do seu gardameta Lucas Purriños.


Unha desafortunada situación que, inevitablemente, acabou pesando nos filialistas, que encaixaron o quinto e o sexto adoecendo da ausencia de gardián. Xa na recta final, recompensando o exercicio de resiliencia, César e Iago López anotaron os goles que debuxaron o 6-4 definitivo.


Ao término da segunda data ligueira, o Filial é 13º e un dos cinco equipos que aínda non sumaron puntos.


Próximo partido


Os filialistas recibirán ao Stellae Leis Pontevedra FS o vindeiro sábado 3 ás 18:00h no Municipal Agustín Mourís pola 3ª xornada ligueira.



Ficha técnica

SD Xove FS: Ramón (p), Iago Míguez, Marcos (c), Renatinho e Pancho. Tamén xogaron Chapi, Chema, Adilson, Óscar, David Gomes e Rafinha.


Noia Portus Apostoli FS “B”: Lucas Purriños (p), Hugo de la Peña, Nico Cuello (c), Iago López e Mario Fernández. Tamén xogaron Teo, César, Álvaro, André e Cepeda.


Goles: 1-0 Chema (6’), 2-0 David Gomes (9’), 3-0 Adilson (14’), 4-0 Iago Míguez (19’), 4-1 Teo (20’), 4-2 André (26’), 5-2 Marcos (29’), 6-2 Marcos (31’), 6-3 César (37’), 6-4 Iago López (40’).


Os árbitros Olivier Cardero e Jorge Otero amoestaron con tarxeta amarela nos xovegos a Iago Míguez (11’), Adilson (14’), Renatinho (36’), Rafinha (38’) e David Gomes (39’). Nos noieses, amarelas a Hugo de la Peña (15’), o adestrador Chipi (20’) e Álvaro (39’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 2 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal de Xove.

Comments


bottom of page