CRÓNICA X29 SEGUNDA DIVISIÓN “B” FS (GUA 6–3 NPA “B”) | Bo papel a pesar das circunstancias
- 1 day ago
- 2 min read

Derrota (6-3) do Filial en Guardo, onde pouco ou nada máis se lle puido pedir aos rapaces de Chipi, que acudiu cun plantel de mínimos obrigado polas circunstancias.
A pesar das baixas, os noieses intentaron poñerlle as cousas complicadas al rival, que se adiantou cedo cun 2-0 pero vía como o Portus Apostoli “B” non tiraba a toalla e seguía buscándolle as cóxegas co xogo de cinco.
Sen baixar os brazos
A recompensa chegou nada máis reiniciar o choque, co tanto de Teo que poñía el 2-1. Os guardenses volveron a ampliar diferenzas ata o 4-1, pero nin sequera así o conxunto branco se deu por vencido, e cos goles de Jorge e Koke volveu a poñerse a tiro de pedra. Un deles veu en asistencia de André, que, xunto a Miguel Romero, foi un dos dous xuvenís que se estreou como filialista.
A distancia mínima mantívose ata o último minuto, cando os brancos terminaron por pagar o esforzo encaixando dúas dianas que desluciron un pouco o gran traballo realizado, a pesar de todas as adversidades. A falta dunha xornada, os noieses son 4º con 49 puntos, xa sen opcións de conseguir o soño do PlayOff de ascenso, un feito que para nada empaña unha espectacular temporada dos de Chipi.
Próximo partido
Os noieses pecharán o curso recibindo ao ADC Lugo Sala a vindeira fin de semana, en data e hora aínda por determinar.
Ficha técnica
Deporcyl Guardo FS: Mika (p), Diego, Héctor Lana, Chochy e Henrique. Tamén xogaron Fabio, Beto (c), Leo, Felipe Otto, Alber, David Villa, Dani e Robles.
Noia Portus Apostoli FS “B”: Mosquera (p), Hugo, Jorge (c), Teo e Brais. Tamén xogaron Koke, Miguel Romero e André.
Goles: 1-0 David Villa (2’), 2-0 Héctor Lana (9’), 2-1 Teo (21’), 3-1 Leo (27’), 4-1 Mika (28’), 4-2 Jorge (29’), 4-3 Koke (33’), 5-3 Chochy (39’), 6-3 Robles (40’).
Os árbitros Luis Álvarez Botas e Daniel Díaz-Faes Rojo, do comité asturiano, amoestaron con tarxeta amarela nos guardenses a Leo (12’) e Héctor Lana (34’). Nos noieses, amarelas a Hugo (23’), o adestrador Chipi (37’) e Miguel Romero (37’).
Incidencias: partido correspondente á xornada 29 do Grupo 1 da Segunda División “B” FS, disputado no Municipal de Guardo.





Comments