top of page

CRÓNICA X28 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (LUG 0–5 NPA) | Vitoria para tocar o título cos dedos

  • Writer: Departamento prensa Noia PA FS
    Departamento prensa Noia PA FS
  • May 11
  • 2 min read

Domingo, 11/05/2025 · 17:25h | Os noieses golean en Lugo e quedan a un triunfo máis de proclamarse campións do Grupo I.


O Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS acaricia o título ligueiro do Grupo I, ao hacerse en Lugo cunha vitoria moi importante a falta de tan só dúas xornadas para o final.


En partidos decisivos como estes, un equipo que aspira a ser campión ten que sumar ao seu talento unha dose extra de seriedade. Así o demostrou un cadro branco que non concedeu atrás ao ADC Lugo Sala Acasti Reformas, mentres arriba o gol era cuestión de tempo. Tardou 17 minutos en chegar, pero cando Oliver Chenel convertiu o 0-1, apenas un par máis se demorou o 0-2 de Iago López.


Solidez para asinar a goleada


Nada máis saír de vestiarios, os dous goleadores conectaron para que Oliver Chenel fixera o terceiro en acción a balón parado. A clara vantaxe asentou aínda máis no duelo aos noieses, que ben puideron engadir algún que outro tanto á súa conta.


A catro minutos do final, os lucenses introduciron o porteiro-xogador, co que o Portus Apostoli terminou por castigar, subindo o nivel nun dos seus debes, para manter a súa portería imbatida e colocar o definitivo 0-5 cos goles de Iago López e o gardameta Koke.


Próximo partido


A vindeira fin de semana, en horario aínda por determinar, o Xuvenil DH do Noia Portus Apostoli FS xoga o seu último partido na casa ante o CD San Cristóbal Cochinillo Tabladillo con opcións de proclamarse campión.



Ficha técnica

ADC Lugo Sala Acasti Reformas: Adrián Fernández (p), Javier García, Anxo Veiga, Diego Pérez e Pedro Fernández. Tamén xogaron Sergio Vila (p), Manuel de la Torre, Hugo Sanfiz, David Dorado, Iago Núñez e Álex Rion.


Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), Saúl, Álvaro, Iago López e Oliver Chenel. Tamén xogaron Koke (p), Sito (c), Mateo Varela, Danito, Koeman, Miguel Romero, Brais e Xavi Souto.


Goles: 0-1 Oliver Chenel (17’), 0-2 Iago López (19’), 0-3 Oliver Chenel (22’), 0-4 Iago López (38’), 0-5 Koke (39’).


Os árbitros Gabriel Balea Martínez e Álvaro Darriba Rivas amoestaron con tarxeta amarela nos lucenses a Diego Pérez (18’) e Anxo Veiga (22’). Nos noieses, amarelas a Koeman (19’), Oliver Chenel (23’) e Álvaro (29’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 28 do Grupo I da Liga Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal dos Deportes de Lugo.

Comentários


bottom of page