top of page

CRÓNICA X27 XUVENIL DIVISIÓN DE HONRA FS (RIB 2–7 NPA) | Outros tres vitais na pugna

  • 5 days ago
  • 2 min read
Domingo, 10/05/2026 · 17:37h | Os noieses golearon no Municipal dos Deportes de Lugo e manteñen a súa vantaxe no liderado a falta de tres partidos.
Domingo, 10/05/2026 · 17:37h | Os noieses golearon no Municipal dos Deportes de Lugo e manteñen a súa vantaxe no liderado a falta de tres partidos.

O Xuvenil DH noiés fíxose cun novo e importante triunfo (2-7) na súa visita a Lugo, que lle permite perpetuarse no liderado unha semana máis a falta de tres partidos para concluír o campionato.


Os de Pablo Cardoso levaron ao marcador o seu dominio e encarrilaron o marcador no primeiro tramo do partido. Cepeda puxo o 0-1 cun disparo exterior no minuto 3. Do 0-2 encargouse Jorge Santiago, recollendo un rexeite no 5’. E cumpríase o 10’ cando Cepeda, co seu dobrete, colocaba o 0-3 con outro remate de lonxe. O Sibuscascoche Ribeira FS conseguiu manter a emoción, recurtando diferenzas antes do descanso.


Partido controlado


Pero, nada máis reiniciar, o Portus Apostoli deixou claro que o partido non se lle ía ir. Iván León, a pase de Oliver Chenel, puxo o cuarto no primeiro minuto do segundo acto. O quinto chegou das botas de Jorge Santiago, aproveitando a superioridade numérica propiciada pola vermella directa a un local. Sumouse á lista de goleadores Oliver Chenel no 29’ e, tras o segundo dos ribeiregos, Cepeda pechou a conta co seu hat-trick particular.


Un menos, tres por diante para decidilo todo. Segue sen fallar o Xuvenil DH noiés, que, co seu 5º triunfo consecutivo, acumula xa 23 en xeral na Liga e 70 puntos na punta da táboa, empatado co CD Inter Sala Adarsa Mercedes.


Próximo partido


Os brancos reciben ao Exlabesa Leis Pontevedra FS o domingo 17 a partir das 12:30h pola 28ª xornada ligueira.



Ficha técnica

Sibuscascoche Ribeira FS: Hugo Sánchez (p), Saúl Luna (c), David Gomes, Xabier Tubío e Hadrián Otero. Tamén xogaron Pablo Dorado (p), Marco Dorado, Héctor Touzón, Álvaro Arias, Iker Fernández, Miguel López e Iago García.


Noia Portus Apostoli FS: Mosquera (p), César (c), Cepeda, Gabi e Oliver Chenel. Tamén xogaron Mateo Castro (p), Jorge Santiago, Iván León, Danito, Xavi Souto, André, Adri Yáñez e Miguel Romero.


Goles: 0-1 Cepeda (3’), 0-2 Jorge Santiago (5’), 0-3 Cepeda (10’), 1-3 Iker Fernández (14’), 1-4 Iván León (21’), 1-5 Jorge Santiago (24’), 1-6 Oliver Chenel (29’), 2-6 Iago García (30’), 2-7 Cepeda (32’).


Os árbitros Adrián Figueroa Veiga e Gabriel Balea Martínez amoestaron con tarxeta vermella directa ao local Xabier Tubío (23’).


Incidencias: partido correspondente á xornada 27 do Grupo 1 da Xuvenil División de Honra FS, disputado no Municipal dos Deportes de Lugo.

Comments


bottom of page